XX DéporCampus Mauro Silva

XX DéporCampus Mauro Silva (c) 15, 16 e 17 de abril. Para nenas e nenos de 4 a 12 anos

 

Información

Dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Lugar: Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF Galicia en Bastiagueiro) (transporte gratuíto)

Datas: 15, 16 e 17 de abril de 2019 (horario 10-19 h.)

Prazo de inscricións: do 20 de marzo ao 10 de abril de 2019

Descontos especiais para fillos/as de membros da Comunidade Universitaria e para socios/as ou fillos/as de socios/as do RC Deportivo (deberán presentar copia do carné de socio/a)

Deberá achegarse obrigatoriamente copia do Libro de Familia de todos os/as nenos/as inscritos/as no campus.

Introdución

Programa

Prezos

Inscricións

autenticación (se é da comunidade universitaria prema en "autenticación universitarios" e se é persoal alleo á UDC prema en "autenticación de non universitarios e familiares". O persoal alleo que entre por primeira vez terá que rexistrarse previamente e deberá ser o pai/nai/titor/a do/a neno/a que se quere inscribir no campus)

2º rexistro do fillo/a. Prema “novo membro da familia” para dar de alta a cada fillo ou filla (no caso de non telos previamente rexistrados)

3º unha vez creados "entre na sesión do fillo/a" que desexe inscribir

4º prema na pestana Actividades - A Coruña - DéporCampus Mauro Silva

5º prema no enlace "Ver +" e a continuación "inscrición" (botón azul)

6º seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme

 

Ou ben, pode facer a inscrición de xeito presencial nas oficinas da Área de Deportes, achegando copia do Libro de Familia, xunto con esta folla de inscrición debidamente cuberta.

 

Inclúe:

* Transporte gratuíto

* Equipación (camiseta, pantalón e medias)

* Unha entrada para un partido do Dépor

* Comidas e merendas

* Seguro de accidentes

* Diploma

* Sorteo de agasallos

 

Presentación

12 de abril de 2019 ás 19:00 horas no Salón de Actos do INEF

Dirixida a todos os inscritos no campus. Asignaráselles a todos os nenos/as o seu grupo e coñecerán os seus monitores. Entregaráselles o material deportivo, os horarios e as paradas dos autobuses, as normas de comportamento, unha relación do material que deberán levar, etc.

Tríptico informativo

Máis información

infodeportes@udc.es

A Coruña: Pavillón de Deportes, campus de Elviña. Tel.:  881 011 904, 881 011 905 e 881 011 909

Ferrol: Centro Cultural Universitario, campus de Esteiro. Tel.: 881 013 678