Cultura para Ferrolanear

De paseo polos Xardíns Históricos de Ferrol

Xardíns Históricos
ROTEIROS PARA FERROLANEAR
13 XULLO DE 2019
DE PASEO POLOS XARDÍNS HISTÓRICOS DA CIDADE DE FERROL
10.00H-13:00H

 

Os ROTEIROS PARA FERROLANEAR son una serie de propostas desde a UDC  para coñecer e disfrutar camiñando da cidade e a súa contorna. Nesta ocasión trátase dun paseo para coñecer en profundidade a historia natural dos xardíns históricos da cidade, que todavía conservan a esencia de finais do século XIX e comenzos do XX.

Nestes tempos que vivimos, onde os días pasan sen deixarnos caer na conta ou decatarnos da vida que nos rodea debido ao noso frenético ritmo de cotío, aínda estamos a tempo de observar e coñecer moito do patrimonio natural que convive con nós diariamente.

No que hoxe é a Alameda de Suances e o Cantón de Molíns, foron quen de fixar a súa atención outras cidades para crear as súas correspondentes alamedas. Un dos obxectivos deste paseo divulgativo, é lograr que o público participante coñeza, sinta e valore a súa contorna, observándose así mesmo coma unha parte integrada na urbe, coa súa función como partícipe na mesma e onde poderá sentir a pegada que dende hai anos fomos quen de deixar nela.

 

 

Información do roteiro
  • Lugar e hora de inicio: Capela do Cantón de Molins, ás 10:00 h.

  • Lugar e hora de remate: Fronte á Igrexa de Dolores (Praza de Amboage), sobre as 13:00 h.

  • Percorrido: Arredor de 2 km

  • Duración (estimada): 3 h

  • Inscrición previa: cultura.ferrol@udc.es 

  • MÁXIMO 25 PLAZAS

WWW.UDC.GAL/CULTURA

Centro Cultural Universitario| Campus de Esteiro. 15403 Ferrol| cultura.ferrol@udc.gal 

         

 

máis información