Verán Cultural na UDC 2019

En xullo para a rapazada

The Five Senses > Os cinco Sentidos

De 4 a 12 anos.

No Verán cultural na UDC: The Five Senses activaremos os nosos sentidos coa arte, a música, a ciencia e o deporte.

Se traballarán os contenidos de inglés con contacontos, xogos, recursos audiovisuaís, teatro, manualidades, as ciencias e novas tecnoloxías, a danza, deportes e os xogos tradicionais...

 

Ferrol, Campus de Esteiro

1ª quenda: do 1 até o 12 de xullo (10 días) > (de 8:30 a 15:00 h.)

2º quenda: do 15 até o 29 de xullo (10 días): (de 8:30 a 15:00 h.)

Horario:

  • 8:30 - 15:00 h (sen comedor)
  • 8:30 - 16:00 h (con comedor)

O xantar é opcional no comedor do Campus de Esteiro.
O campamento non inclúe transporte coa excepción das excursións programadas.

 

Matrícula en liña

Documentación necesaria:
No momento da inscrición deberá encher un cuestionario no que terá que enviar ao enderezo electrónico cultura.ferrol@udc.es catro arquivos: Autorización fotográfica e saídas (deberá envialo asinado), foto carné, copia da tarxeta sanitaria do neno/a e copia do libro de familia.

 Inscrición:

  • autenticación (se é persoal alleo á UDC e é a primeira vez que entra, deberá rexistrarse previamente)
  •  rexistro do fillo/a. Prema "novo membro da familia" para dar de alta a cada fillo ou filla (no caso de non telos previamente rexistrados)
  •  unha vez creados "entre na sesión do fillo/a" que desexe inscribir
  •  prema na pestana Campamentos - Ferrol
  •  elixa a quenda do campamento no que quere inscribirse
  •  seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme
Prezos:

1ª quenda: do 1 até o 12 de xullo (10 días) > (de 8:30 a 15:00 h.)

  • comunidade universitaria: 140 €
  • comunidade universitaria + comedor: 200€
  • persoas alleas á UDC: 160 €
  • persoas alleas á UDC + comedor: 220 €

2º quenda: do 15 até o 29 de xullo (10 días): (de 8:30 a 15:00 h.)

  • comunidade universitaria: 140 €
  • comunidade universitaria + comedor: 200€
  • persoas alleas á UDC: 160 €
  • persoas alleas á UDC + comedor: 220 €
Prazo de inscrición:
  1. Comunidade universitaria do 28 de maio ao 27 de xuño,

  2. Persoas alleas á UDC do 17 ao 27 de xuño

Matrícula

As prazas son limitadas.

Poderase cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de matrículas.

Todas as inscricións serán por orde de entrada xunto co seu pagamento.