Verán cultural 2019 na UDC

En xullo para a rapazada

Cartaz (c) Cartaz
Verán cultural na UDC: Descobre a natureza que che rodea

 

O Verán cultural na UDC: Descobre a natureza que che rodea, fórmase por ciclos de 10 días que se desenvolven en equipamentos urbanos con entornos naturais próximos. Diríxese á rapazada dos 4 aos 12 anos de idade co obxectivo de descubrir nesas idades a flora e fauna próxima, interactuar cos recursos naturais e facer obradoiros de sensibilización, reciclaxe, e roteiros, dinámicas e xogos para o respecto e a diversión ao ar libre.

A través da integración das diferentes actividades e a partir do contacto co medio natural, foméntase a autonomía dos rapaces e rapazas, creando vínculos e estimulando as súas capacidades.

As actividades adáptanse a cada grupo de idade e fanse subgrupos de acordo coas súas necesidades especiais.

 

A Coruña, Campus de Elviña

1ª quenda: do 1 até o 12 de xullo (10 días) > (de 8:30 a 15:00 h.)

2º quenda: do 15 até o 29 de xullo (10 días): (de 8:30 a 15:00 h.)

Horario:

  • 8:30 - 15:00 h (sen comedor)
  • 8:30 - 16:00 h (con comedor)

O xantar é opcional no comedor de Ciencias da Educación.
A inscrición non inclúe transporte coa excepción das excursións programadas.

Matrícula en liña

Documentación necesaria:
No momento da inscrición (na ligazón que encontrará máis abaixo: Matrícula), deberá encher un cuestionario e varios arquivos: Autorización fotográfica e saídas (deberá envialo asinado), foto carné, copia da tarxeta sanitaria do neno/a e copia do libro de familia (se ten DNI, tamén vale).

 Inscrición:

  •  autenticación (se é persoal alleo á UDC e é a primeira vez que entra, deberá rexistrarse previamente, todo isto na ligazón de Matrícula)
  •  rexistro do fillo/a. Prema "novo membro da familia" para dar de alta a cada fillo ou filla (no caso de non telos previamente rexistrados)
  •  unha vez creados "entre na sesión do fillo/a" que desexe inscribir
  •  elixa a quenda do Verán Cultural elixido no que quere inscribirse
  •  seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme
Prezos:

1ª quenda: do 1 até o 12 de xullo (10 días) > (de 8:30 a 15:00 h.)

  • comunidade universitaria: 140 €
  • comunidade universitaria + comedor: 200€
  • persoas alleas á UDC: 160 €
  • persoas alleas á UDC + comedor: 220 €

2º quenda: do 15 até o 29 de xullo (10 días): (de 8:30 a 15:00 h.)

  • comunidade universitaria: 140 €
  • comunidade universitaria + comedor: 200€
  • persoas alleas á UDC: 160 €
  • persoas alleas á UDC + comedor: 220 €
 
Prazo de inscrición:

1ª Quenda

  • Até o 28 de xuño á 13h.

2ª Quenda

  • Até o 12 de xullo á 13h.
Matrícula

As prazas son limitadas.

Poderase cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de matrículas.

Todas as inscricións serán por orde de entrada xunto co seu pagamento.