Recoñecemento de actividades de formación para o PDI

O obxectivo deste recoñecemento é canalizar as actividades de formación transversal que se veñen realizando dende os propios centros e departamentos e que serven para mellorar as prácticas docentes dentro da nosa universidade. Este recoñecemento farase a través da certificación do CUFIE da actividade realizada tanto para as persoas participantes como para os/as relatores/as (non se farán certificacións de organización nin similares)

As actividades deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • A temática deberá centrarse nas metodoloxías docentes, as TIC aplicadas á docencia ou temáticas relativas ao contexto da UDC.
  • A actividade non poderá exceder as 40 horas.
  • O número mínimo de participantes deberá ser de 10 persoas.
  • As persoas que participen deberán acreditar a asistencia ao 85% da actividade.
  • Soamente se poderá recoñecer un máximo de dúas accións por centro/departamento e curso académico.
  • A actividade deberá realizarse entre os meses de setembro e xullo.

Será excluídas deste recoñecemento os curso, congresos e xornadas centradas nunha temática concreta, exceptuando aqueles que se refiran directamente á función docente.

Para solicitar este recoñecemento deberá encherse unha solicitude á vicerreitoría acompañada cunha ficha cos da datos da actividade e asinada pola persoa responsable do centro e a responsable da acción formativa e poderá enviarse entre os meses de setembro e xullo de cada curso.

Ao finalizar a actividade, deberá achegarse unha memoria (anexo á memoria deberán achegarse copia da recollida de sinaturas que xustifique a asistencia no caso das actividades presenciais) e a acta na que se recollerán as persoas que finalizaron a actividade asinada polos/as relatores/as e o responsable da actividade. Estes dous documentos deben achegarse en formato pdf con sinatura dixital.

Documentos: