Actividades en liña

Deportes

Actividade física en liña: traballo en cadeira
Nivel: básico - iniciación. Duración: 34 min 38 seg
Serie de exercicios pensados para aquelas persoas que están moito tempo sentadas, e aproveitando a cadeira, realizar actividade física suave e de fácil execución. Material necesario: unha cadeira.

Actividade física en liña: 2.º circuíto de condición física
Nivel: intensidade media. Duración: 32 min 51 seg
Circuíto de condición física de intensidade media que consta de: quecemento, 6 exercicios, 10/15 repeticións por exercicio, 4 series (voltas ao circuíto), estiramentos. Material necesario: toalla pequena, 2 botellíns de auga e 1 pau de vasoira.

Actividade física en liña: aperturas
Nivel: básico - iniciación. Duración: 16 min 55 seg
Cos exercicios que se presentan neste vídeo preténdense dar unhas sinxelas ideas de posturas de apertura, para potenciar a mobilidade e amplitude dos teus ombreiros, estiramento do teu pectoral e activación da túa cintura escapular e así evitar posicións cifóticas que nestes días poden aparecer de maneira máis recorrente. Material necesario: unha cadeira e unha toalla.

Actividade física en liña: rutina de cardio
Nivel: iniciación. Duración: 15 min
Sesión con exercicios continuos que favorecen a activación do sistema cardiovascular. Mestúranse movementos de zancadas e coordinación, entre outros, co paso de marcha ou trote lixeiro. Material: ningún

Actividade física en liña: amplitude de movemento
Nivel: intermedio. Duración: 14 min 50 seg 
Esta proposta ten como finalidade mellorar a amplitude de movementos. Está pensada para persoas que queren manterse activas ou para facer unha sesión de recuperación no caso de realizar previamente un adestramento de alta intensidade. Material necesario: ningún

Actividade física en liña: mobilidade dos pés
Nivel: iniciación. Duración: 2 min 35 seg 
Esta sesión ten como obxectivo mellorar a mobilidade dos pés, aos que normalmente non se presta moita atención pero que son a base da postura bípeda e sobre os que recae o peso de todo o corpo. Material necesario: toalla, lapis e pinza de tender a roupa.

Actividade física en liña: amplitude de movemento
Nivel: iniciación. Duración: 31 min 52 seg
Esta sesión está dirixida a todo o público que desexa moverse de maneira global e integral, traballando, principalmente, a amplitude de movemento de xeito sinxelo. Material necesario: cadeira e caixa (de zapatos por exemplo).

Actividade física en liña: traballo en circuíto
Nivel: iniciación. Duración: 31 min 09 seg
Adestramento en circuíto dirixido para aquelas persoas que non realizan actividade física habitualmente ou levan un tempo de inactividade. Consta de quecemento, parte principal, 6 exercicios, 10/15 repeticións por exercicio, 4 series (voltas ao circuíto) e estiramentos. Material necesario: 1 toalla pequena, 1 cadeira e 2 botellos de auga.

Actividade física en liña: mobilidade xeral
Nivel: iniciación. Duración: 28 min 03 seg
Esta sesión ten como finalidade a mobilidade xeral de todo o corpo, centrándose no tronco a través de propostas sinxelas. Material necesario: cadeira e toalla pequena.