CAMPUS INDUSTRIAL DE FERROL /

CAMPUS

Unha Universidade aberta

Ferrol nace da razón propia da Ilustración, nun contexto no que non é de estrañar que a Universidade da Coruña asentase un Campus, o Campus de Ferrol.

Primeiro, coa Escola de Enxeñaría Técnica Naval, actual Escola Universitaria Politécnica en Serantes, e, posteriormente, co resto de centros que conforman a comunidade universitaria de Esteiro.

O Campus de Ferrol está situado na terceira concentración urbana de Galicia, cun centro en Serantes e o resto asentados entre as 67 especies arbóreas do xardín botánico de Esteiro, en edificios rehabilitados que conformaban o antigo Hospital de Mariña de Ferrol e outros de nova planta.

Conta con seis centros nos que se imparten once graos, sete másteres e seis programas de doutoramento enmarcados nas dúas áreas de especialización que fan de Ferrol un Campus singular: a naval e oceánica e a industrial.

Plan estratéxico

Ver os centros do campus de Ferrol

O campus de unha ollada