CAMPUS INDUSTRIAL DE FERROL /

CAMPUS DE ESPECIALIZACIÓN
logotipo Campus Industrial
 
Co Campus Industrial de Ferrol, a Universidade da Coruña fai unha aposta estratéxica creando o primeiro Campus de Especialización que axuda a artellar e facer máis dinámica a economía, non só da comarca, senón tamén a nivel rexional e nacional.
 
O Campus Industrial supón unha identidade propia, unha especialización docente e científica que permite aproveitar a través dunha axeitada valorización dos seus resultados as potencialidades da súa contorna e fomenta as súas posibilidades de conectar coas novas necesidades de crecemento e progreso, da man da industria e dos axentes institucionais.
 
Campus Industrial nutre toda a súa actividade coa información obtida pola fluida comunicación que mantén cos estudantes das diferentes titulacións, persoal docente e investigador, sector empresarial da contorna, clústeres e demáis grupos de interese. Dita comunicación articulase a través de alianzas estratéxicas, reunións, redes sociais, correo electrónico e outras fórmulas que se adaptan ás diferentes necesidades de cada un dos actores.
 
O Campus Industrial conta cunha oficina situada no edificio de Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social conformada por un director e un equipo técnico de tres persoas. 
 

Ver os centros do campus de Ferrol

O campus dunha ollada