A banda dos libros

(novembro-decembro 2018)

Libros que se materializan en imáxenes; grandes obras da literatura que inspiran a ilustradores e dan lugar a banda deseñada. Este é o tema da exposición 'A banda dos libros' na Biblioteca de Filoloxía.

 

 

Pearse Hutchinson : o poeta das linguas minorizadas

(outubro 2018)

Pearse Hutchinson (1927-2012) foi un poeta e traductor, nado en Glasgow pero de raíces irlandesas. Ademáis de publicar a súa propia poesía (en inglés e irlandés), fixo traducións desde distintas linguas, entre elas o galego e o catalán, que coñeceu e aprendeu durante a súa estancia en España.

 

 

O teatro dos nosos avós : coleccións teatrais da primeira metade do século XX

(xuño-setembro 2018)

A 'Biblioteca Teatral Francisco Pillado' conserva moitos números de coleccións teatrais que xurdiron nas primeiras décadas do século XX ; eran de pequeno formato, tiñan pouca calidade editorial e vendíanse a baixo prezo; iso sí, con moito éxito de vendas. Publicaban clásicos teatrais e tamén éxitos recentes que en moitos casos non trascenderon máis alá no tempo.

 

Día das Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno

(maio 2018)

Extremeña de nacemento pero galega de adopción, María Victoria Moreno (1939-2005) escolleu o galego tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Por iso é a protagonista do Día das Letras Galegas deste ano.