Exposicións na biblioteca en 2015

Cartaz da exposicion de NadalLibros con sabor a Nadal

decembro 2015 - xaneiro 2016

Contos, poemas, novelas, villancicos, películas... con temática de Nadal, forman esta exposición

 

 

 

Exposicion_Literatura de cineLiteratura de cine

outubro - decembro 2015

Desde sempre existiu unha estreita relación entre o cine e a literatura, por canto o primeiro tomou temas e tramas da segunda. Na biblioteca fixemos unha escolma de películas baseadas máis ou menos directamente nunha obra literaria e as colocamos xuntas

                                                                    

 

 

mundo_nos_librosUn mundo nos libros

xuño - setembro 2015

Aproveitamos o verán para expoñer obras nas que as viaxes son a súa razón de ser: algunhas son narracións das vivencias dos seus autores, outros relatos xurdiron só na súa imaxinación; tamén incluímos ensaios teóricos sobre este xénero literario e guías de viaxes.

 

 

Cartel_Letras_Galegas

53 anos alumando a nosa lingua (1963-2015)

maio 2015

Co gallo do Día das Letras Galegas, homenaxeamos aos 53 autores aos que, desde 1963, se lles dedicou este día: desde Rosalía de Castro ata Xosé Filgueira Valverde.

 

 

 

no_galego_cabe_o_mundoNo galego cabe o mundo

abril 2015

Complementando a maratón de lectura de textos traducidos para o galego, que foi organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía, organizamos unha exposición con libros traducidos ao galego desde outras linguas (inglés, francés, italiano, español, linguas clásicas...).

 


George EliotGeorge Eliot na biblioteca

marzo 2015

Exposición sobre a escritora británica George Eliot (1819-1880), autora que escollemos para participar no ciclo "Mulleres nas bibliotecas da UDC" que, por tercer ano, desenvolveuse para conmemorar o Día Internacional da Muller.