__________________________________________________________________________________________
Como recuperar os datos da túa conta de Servizos: usuario o contrasinal
Se non recordas a contrasinal tes que solicitala, acreditando túa identidade, na administración do centro onde esteas matriculado.
Ir ao inicio
___________________________________________________________________________________________
É a primeira vez que me matriculo na universidade e quero crear a miña conta en Servizos. Que debo facer?
Unha vez matriculado, dispós dun código de Activación (isto imprimíchelo cun xustificante de matrícula). Conéctate á páxina web https://servizos.udc.es é /activacion/activacion-novo-usuario e sigue as instrucións que aparecen na páxina do código de activación.
Unha vez teñas o teu usuario poderás identificarte dende https://servizos.udc.es
Ir ao inicio
___________________________________________________________________________________________
É a primeira vez que me matriculo na universidade e non teño o código de activación
Unha vez matriculado, para recuperar o código de activación, deberás dirixirte á Secretaría de teu Centro. Alí imprimiranche unha folla co teu código de activación. Unha vez que te identifiques, segue as instrucións do parágrafo anterior para activarte.
__________________________________________________________________________________________
Que debo facer para cambiar a clave de Servizos?
Podes cambiar a túa clave en Servizos cando queiras e as veces que queiras, pero isto afecta a todos os servizos: Moodle, Correo electrónico, Secretaría Virtual, wifi, AulasNet, etc.
Para cambiar a clave, entra en https://servizos.udc.es e no menú da esquerda, pincha en Cambio de contrasinal
Recorda que o cambio de contrasinal afecta a todos os servizos.
__________________________________________________________________________________________
Erros durante o proceso de activación
Indicámosche os erros máis comúns no proceso de activación e como solventalos:
ERRO: “As credenciais que proporcionaches (a dirección de correo electrónico e o contrasinal) non son válidos. Asegúrate de que introduciches os datos correctamente e inténtao de novo.”
CAUSA: non se introduce correctamente o contrasinal da conta de correo ou non se está escribindo ben a conta de correo.
ERRO: “O código de activación que introduciches non é válido. Pódelo intentar de novo. Lémbrate de introducir tódolos datos que se che solicitan e de indicar o documento e tipo de documento co que te matriculaches ou o que aparece non teu contrato.”
CAUSA: o código de activación que introduce non é correcto, non está ben xerado ou o documento asociado á conta de correo electrónico non é o mesmo que introduce o alumno. Isto último pódelo comprobar no centro onde estás matriculado.
ERRO: “Os teus datos están incompletos. Este erro é debido á falta dalgún dato indispensable para a activación nos sistemas da UDC. Se é alumno podes poñerte en contacto coa área de Xestión Académica ou coa secretaría do teu centro para completar os teus datos.”
CAUSA: o alumno non está asignado en Xescampus a ningún centro da UDC. Comproba no teu centro se estás admitido.
ERRO: “Os teus datos na área de Xestión Académica están incompletos. Este erro é debido á falta dalgún dos datos indispensables para a activación (p. ex. o nome, os apelidos, o documento de identificación, etc.) nas bases de datos da Área de Xestión Académica”
CAUSA: Falta algún dos datos obrigatorios en Xescampus: datos persoais, dirección de matrícula… Ou a matrícula do alumno está anulada. Comproba na administración do teu centro que todos os campos da matrícula están cubertos ou se tiveches unha anulación de matrícula debes regularizar a túa situación coa universidade.
ERRO: “O usuario xa foi activado. O usuario que estás intentando activar xa foi activado con anterioridade. A activación dun usuario só se pode realizar unha única vez.”
CAUSA: Xa te activaches con anterioridade. Si non recordas o usuario ou o contrasinal acode á administración do teu centro para recuperalos.
ERRO: “Non constas nas bases de datos da UDC. Este erro é debido á que non existe información túa nas bases de datos de alumnos e de persoal da UDC.”
CAUSA: o código de activación do usuario non se corresponde co documento e o tipo de documento que está usando. É posible que na matrícula esteas rexistrado cun documento distinto ao que estás empregando.
___________________________________________________________________________________________
Non podo entrar nos ordenadores da Aulanet
Para entrar nos equipos da Aulanet tes que ter a túa conta en Servizos. Logo para entrar no ordenador debes identificarte coa túa conta de Servizos e a contrasinal que elixiches.
Fíxate: onde pon usuario tes que introducir o tues datos desta forma: [nomedeusuario]@udc.es
Ir ao inicio
___________________________________________________________________________________________
Cal é a miña conta de correo da universidade
A conta de correo da universidade podes obtela no momento de crear a túa conta en Servizos.
Se lle tes que facilitar a túa conta de correo a alguén, a túa conta é: [nomedeusuario]@udc.es
Ir ao inicio
___________________________________________________________________________________________
Como podo ler o correo da miña conta de correo da universidade
Podes consultar o correo nesta páxina: outlook.office.com
Introduce en nome de usuario, a conta de Servizos [nomedeusuario]@udc.es e como contrasinal o mesmo contrasinal de Servizos .
Ir ao inicio
___________________________________________________________________________________________
Cal é o meu PIN para acceder aos recursos das bibliotecas da universidade
Para acceder aos recursos das bibliotecas da universidade tes que ter conta en Servizos. Ademais necesitas coñecer o teu PIN. Para ver cal é teu PIN, conéctate á páxina de servizos.udc.es coa túa conta de servizos. Unha vez conectado, na páxina principal, no menú da esquerda pincha en “recuperar o PIN da tarxeta”.
Ir ao inicio
___________________________________________________________________________________________
Para ter acceso a Moodle tes que ter unha conta en Servizos e que transcorreran polo menos 24 horas dende que a creaches. Se xa tes conta en Servizos, transcorreu ese período, estás matriculado no curso actual e non tes acceso a Moodle contacta con o CAU: contacto do CAU
Ir al inicio
___________________________________________________________________________________________
Teño acceso a Moodle pero non vexo o contido de todas as materias nas que estou matriculado e que sei que hai contidos publicados
Tes que confirmar o seguinte:
Se todo iso é correcto e non vés eses contidos contacta con o CAU: contacto do CAU
Ir ao inicio
_________________________________________________________________________________________
Quero consultar o meu expediente académico
introduce como “usuario” a túa conta de Servizos (sen @udc.es) e en “contrasinal” o teu contrasinal de Servizos ou dende http://servizos.udc.es.
introduce como “usuario” o teu nome de usuario (sen @udc.es) e en “contrasinal” o teu contrasinal de Servizos
e na primeira pantalla selecciona no menú da esquerda “secretaria virtual do estudante”
__________________________________________________________________________________________