Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Betanzos

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

cartaz_Betanzos_2019 (c) cartaz_Betanzos_2019

O programa de actividades académicas da 2ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento en Betanzos aséntase sobre unha idea fundamental: a Sustentabilidade.

Entendemos por sustentabilidade o desenvolvemento que permite satisfacer as necesidades do presente, mais sen comprometer a capacidade das futuras xeracións, garantindo o equilibrio entre crecemento económico, o coidado do medio ambiente e o benestar social. Así, o desenvolvemento sostible, un concepto que aparece por vez primeira en 1987 có Informe Brundtland, trata de buscar solucións posibles e viables aos problemas derivados da industrialización e mailos fenómenos demográficos o crecemento e envellecemento poboacional.

Cando falamos de Sustentabilidade Ambiental, referímonos ao entendemento de que a natureza non é unha fonte inesgotable de recursos, defendendo a súa protección e utilización de xeito racional. Temáticas como o coidado do medio ambiente, a investigación e desenvolvemento de enerxías renovables, o aforro de auga, a mobilidade sostible, a arquitectura e a construción sostibles, … son aspectos que aborda a sustentabilidade ambiental.

Situados nun plano social, a Sustentabilidade Social aposta polo desenvolvemento das persoas, das súas comunidades e culturas, para ser capaces de acadar para todos e todas un nivel global de vida, sanidade, servizos sociais, educación, cultura, … dun xeito igualitario e xusto. Neste eido, tamén podemos falar de sustentabilidade económica como aquela que procura un crecemento económico que permita un reparto equitativo da riqueza sen perxudicar aos recursos naturais..

Dende unha perspectiva global, a sustentabilidade, e mais en concreto, o desenvolvemento sostible, enfronta moitos dos retos aos que nos enfrontamos como seres humanos: cambio climático, falta de auga, desigualdade, fame, …

A aproximación a esta idea fundamental será realizada partindo de tres eixos principais: Sustentabilidade Social e Económica, Sustentabilidade Ambiental e Saúde e Benestar.


MÓDULO I. Sustentabilidade Social e Económica
16, 17, 23 e 25 de outubro de 2019

A temática deste Seminario estará centrada en aspectos relacionados coa sustentabilidade a nivel social e económico: historia, economía, sociedade, …
Os temas a tratar: Patrimonio, Economía e Socioloxía.

A aposta pola eficiencia. O aproveitamento dos recursos dos que dispoñemos e coidar dos recursos escasos para dar cumprimento la outro dos pilares da sustentabilidade económica, que é a eficiencia.

O desenvolvemento da innovación. A tecnoloxía debe ir da man da innovación para crear solucións sostibles dende diferentes niveis: sociais, medioambientais e económicos.

Os límites dos recursos. Os recursos renovables non han de utilizarse a un ritmo superior a súa xeración, temos que limitar o consumo: Os recursos non renovables deben substituírse paulatinamente por recursos renovables.

A súa programación:

Este seminario está composto de tres sesións teóricas e unha práctica que incluirá unha visita ou saída a un espazo de interese relacionado cas sesións. A parte teórica terá lugar no espazos destinados polo Concello en dúas sesións de dúas horas cada unha.

Estará impartido por Persoal Docente e Investigador da Universidade da Coruña, das áreas de coñecemento relacionadas coa temática do seminario: Socioloxía, Economía:

  • Prof. Fernando Agrasar Quiroga, ETS de Arquitectura-UDC.
  • Prof. Juan Manuel Sánchez Quinzá , Facultade de Economía e Empresa-UDC.
  • D. José Antonio Cortés Vázquez, Investigador Postdoctoral InTalent , Facultade de Socioloxía-UDC.

SESIONS TEORICAS:
16 de outubro, de 17 a 19 h.  Economía circular. Prof.Juan Manuel Sánchez Quinzá
17 de outubro, de 17 a 19 h. Socioloxía. D. José Antonio Cortés Vázquez
23 de outubro, de 17 a 19 h. Paisaxe Cultural. Prof. Fernando Agrasar Quiroga.

SESIÓN PRÁCTICA:
25 de outubro, de 10:30 a 13:30 h. Visita Cultural relacionada có Patrimonio e a Paisaxe. Prof. Fernando Agrasar Quiroga, ETS de Arquitectura-UDC.


MÓDULO II. Sustentabilidade Ambiental
30 e 31 de outubro, 6 e 7 de novembro de 2019

A temática do segundo seminario ten que ver coa sustentabilidade ambiental e está a facer referencia a que as relacións que se establezan co medio ambiente non leven á destrución do mesmo, facendo que estas relacións, sexan “ sustentables” ou perdurables a longo prazo. Desde unha perspectiva dos recursos naturais, xa sexan enfocados á conservación da auga, a calidade do chan, a riqueza e diversidade animal e vexetal, etcétera.

Os temas a tratar nas sesións: Ciencias, Bioloxía, Xeoloxía, Educación para a Sustentabilidade

O Cambio Global pode mudar as nosas vidas. O cambio climático é unha das maiores ameazas que existen hoxe en día para a vida tal e como a coñecemos; tanto para o resto de seres vivos como para nós mesmos, os seus efectos sobre os ecosistemas poden ser devastadores.
Efectos do cambio climático sobre os seres vivos: Cambios na vexetación e nos animais, cambios nos microorganismos, cambios nos océanos…
Cómo debemos coidar do noso entorno natural e actuar sustentablemente?
Entorno natural da Costa da Morte e relación coa explotación mineira (wolframio e caolín) como razón para unha reflexión compartida sobre a necesaria sustentabilidade ambiental da actividade económica.
A súa programación:

Este seminario está composto de tres sesións teóricas e unha práctica que incluirá un roteiro por algunha das contornas naturais da comarca. A parte teórica terá lugar no espazos destinados polo Concello en tres sesións de dúas horas cada unha.

Estará impartido por Persoal Docente e Investigador da Universidade da Coruña, das áreas de coñecemento relacionadas coa temática do seminario: Ciencias, Bioloxía, Xeoloxia…

  • Prof. Pedro Vega Marcote, Facultade de Ciencias da Educación-UDC.
  • Prof. Fernando Martinez Abella, Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, Enxeñaría da Construción- UDC.
  • Prof. Jorge Delgado Martín, Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, Enxeñaría do Terreo- UDC.

SESIONS TEORICAS:

  • 30 de outubro, de 17 a 19 h. Educación para a Sustentabilidade. Pegada Ecoloxica e Hídrica. Prof. Pedro Vega Marcote.
  • 31 de outubro, de 17 a 19 h. Novos materiais sostibles. Prof. Fernando Martinez Abella.
  • 6 de novembro, de 17 a 19 h. Sustentabilidade ambiental. Prof. Jorge Delgado Martín.

SESIÓN PRÁCTICA:

  • 7 de novembro, de 10. 30 a 13.30 h. Visita Cultural relacionada có Medio Ambiente

MÓDULO III. Saúde e Benestar
13, 14, 20 e 21 de novembro de 2019

Ten como finalidade dar a coñecer e implementar hábitos saudables na promoción dun envellecemento activo, concretamente aspectos relacionados coa promoción da saúde nesta etapa da vida.
Os temas a tratar nas sesións: Hábitos Saudables, Prevención de Riscos, Nutrición e Actividade Física, Consellos dietéticos en xeral para as persoas sas,  Falsos mitos en nutrición, Dieta e actividade física, Actividade física no Adulto Maior, Recomendacións sobre a actividade física para a saúde, Riscos psicosociais e educación para a saúde emocional.

A súa programación:

Este seminario está composto por dúas sesións teóricas e unha práctica onde incluirase unha sesión especial de actividade física, na que pretendese dar a coñecer unhas nocións básicas de exercicio terapéutico axeitado a este grupo de idade. A parte teórica terá lugar no espazos destinados polo Concello en tres sesións de dúas horas cada unha.
Trataranse temas relacionados coa nutrición e alimentación saudable e a actividade física como elementos fundamentais para acadar un envellecemento activo e saudable.

Estará impartido por Persoal Docente e Investigador da Universidade da Coruña del area de Ciencias Saúde:

  • Prof. Francisco Pita Gutiérrez, Escola Universitaria de Enfermaría, Nutrición e Endocrinoloxía -UDC.
  • Prof. Jose Mª Rolón Varela, Facultade de Ciencias do Traballo, Psicoloxía Social- UDC.
  • Prof. Isabel Raposo Vidal, Facultade de Fisioterapia, Intervención Psicosocial y Recuperación Funcional-UDC.

SESIONS TEORICAS:

  • 13 de novembro de 17 a 19 h. Educación para unha alimentación e nutrición saudable e sostible. Prof. Francisco Pita Gutiérrez.
  • 14 de novembro, de 17 a 19 h. Actividade Física e Ergonomía. Prof. Isabel Raposo Vidal.
  • 20 de novembro, de 17 a 19 h. Ferramentas para o control do estres. Prof. Jose Mª Rolón Varela.

SESIÓN PRÁCTICA:

  • 21 de novembro, de 17 a 19. Ferramentas para o control do estres. Actividade práctica relacionada con exercicios de relaxación. Prof. Jose Mª Rolón Varela.

 

Descargar díptico do Programa (PDF): Programa de Democratización do Coñecemento en Betanzos (2ª edición)

As sesións teóricas terán lugar no Salón Azul do Edificio Arquivo (Praza de Galicia, 1 – Betanzos, A Coruña) onde tamén terá lugar a sesión práctica do módulo de “Saúde e Benestar”.

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Betanzos

Más