Formación Universitaria para Maiores de 50 anos nas Pontes de García Rodríguez

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

En colaboración co Concello de As Pontes de García Rodríguez, o Vicerreitorado de Oferta Académica e Innovación Docente e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegará entre os meses de enero a abril, a formación universitaria para maiores mediante un proxecto de democratización do coñecemento baixo o título “Compartir experiencias e coñecemento”.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos das Pontes de García Rodríguez, este proxecto formativo está dividido en tres Módulos centrados na Sustentabilidade, que constarán de tres sesións teóricas e unha sesión práctica ou saída de campo:

 

MÓDULO I. Sustentabilidade Social e Económica. 23 e 30 Xaneiro, 6 Febreiro de 2019 e 3 de abril.


A temática deste Seminario estará centrada en aspectos relacionados coa sustentabilidade a nivel social e económico, dentro de diferentes ámbitos: historia, economía, sociedade, …

Os temas a tratar: Patrimonio, Economía e Socioloxía

  • A aposta pola eficiencia. O aproveitamento dos recursos dos que dispoñemos e coidar dos recursos escasos para dar cumprimento la outro dos pilares da sustentabilidade económica, que é a eficiencia.

  • O desenvolvemento da innovación. A tecnoloxía debe ir da man da innovación para crear solucións sostibles dende diferentes niveis: sociais, medioambientais e económicos.

  • Os límites dos recursos. Os recursos renovables non han de utilizarse a un ritmo superior a súa xeración, temos que limitar o consumo: Os recursos non renovables deben substituírse paulatinamente por recursos renovables.

A súa programación:

  • Este seminario está composto de tres sesións teóricas e unha práctica, que incluirá unha visita ou saída a un espazo de interese relacionado cas sesións. A parte teórica terá lugar no espazos destinados polo Concello en tres sesións de dúas horas cada unha.

  • Estará impartido polo Persoal Docente e Investigador da Universidade da Coruña, das áreas de coñecemento relacionadas coa temática do seminario:

    • Prof. Fernando Agrasar Quiroga, ETS de Arquitectura-UDC.

    • Prof. Marta Rey García, Facultade de Economía e Empresa-UDC.

    • Prof. Obdulia Taboadela Álvarez, Facultade de Socioloxia-UDC.

Sesións Teóricas:

  • 23 de xaneiro, de 17 a 19 horas: Socioloxia, a cargo daProf. Obdulia Taboadela Alvarez.

  • 30 de xaneiro, de 17 a 19 horas: Sustentabilidade e Economía Circular, a cargo da Prof. Marta Rey García.

  • 6 de Febreiro, de 17 a 19 horas: Paisaxe Cultural, a cargo do Prof. Fernando Agrasar Quiroga.

Sesión Práctica:

  • 3 de abril. Visita a Sargadelos (Cervo) acompañados polo Prof. Fernando Agrasar Quiroga.

 

MÓDULO II. Sustentabilidade Ambiental. 13, 20 e 27 de Febreiro e 27 de marzo de 2019


A temática do segundo seminario ten que ver coa sustentabilidade ambiental e está a facer referencia a que as relacións que se establezan co medio ambiente non leven á destrución do mesmo, facendo que estas relacións, sexan “ sustentables” ou perdurables a longo prazo. Desde unha perspectiva dos recursos naturais, xa sexan enfocados á conservación da auga, a calidade do chan, a riqueza e diversidade animal e vexetal, etcétera.

Os temas a tratar nas sesións: Ciencias, Bioloxía, Xeoloxía, Educación para a Sustentabilidade

  • O Cambio Global pode mudar as nosas vidas. O cambio climático é unha das maiores ameazas que existen hoxe en día para a vida tal e como a coñecemos; tanto para o resto de seres vivos como para nós mesmos, os seus efectos sobre os ecosistemas poden ser devastadores.

  • Efectos do cambio climático sobre os seres vivos: Cambios na vexetación e nos animais, cambios nos microorganismos, cambios nos océanos…

  • Cómo debemos coidar do noso entorno natural e actuar sostiblemente

  • Entorno natural de Pontes de García Rodríguez: Posúe un entorno natural privilexiado, con ríos e paraxes naturais, o Parque Natural das Fragas do Eume, á beira do embalse. O macizo de Forgoselo, con extensas veigas dun grande valor ecolóxico e xeolóxico. O Monte Caxado, na Serra da Faladoira, o pico máis alto da provincia que alcanza os 752 metros, entre os bens naturais da contorna.

  • Lago recuperado das Pontes

A súa programación:

  • Este seminario está composto de tres sesións teóricas e unha práctica que incluirá un roteiro por algunha das contornas naturais da comarca. A parte teórica terá lugar no espazos destinados polo Concello en tres sesións de dúas horas cada unha.

  • Estará impartido por Persoal Docente e Investigador da Universidade da Coruña, das áreas de coñecemento relacionadas coa temática do seminario:

    • Prof. Pedro Vega Marcote, Facultade de Ciencias da Educación-UDC.

    • Prof. Fernando Martinez Abella, Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, Enxenaria da Construción- UDC.

    • Prof. Jorge Delgado Martín, Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, Enxenaria do Terreo- UDC.

Sesións teóricas:

  • 13 de febreiro, de 17 a 19 horas: Educación para a Sustentabilidade. Pegada Ecoloxica e Hidrica, a cargo do Prof. Pedro Vega Marcote.

  • 20 de febreiro, de 17 a 19 horas: Novos materiais sostibles, a cargo do Prof. Fernando Martinez Abella.

  • 27 de febreiro, de 17 a 19 horas: Recuperación do lago das Pontes, a cargo do Prof. Jorge Delgado Martín.

Sesión Práctica:

  • 27 de marzo. Visita o Lago recuperado das Pontes e zona mineira, acompañados/as polo Prof. Jorge Delgado Martín.

 

MÓDULO III. Saúde e Benestar. 6, 13 e 20 de Marzo e 10 de abril de 2019


Ten como finalidade dar a coñecer e implementar hábitos saudables na promoción dun envellecemento activo, concretamente aspectos relacionados coa promoción da saúde nesta etapa da vida.

Os temas a tratar nas sesións: Hábitos Saudables, Prevención de Riscos, Nutrición e Actividade Física

  • Consellos dietéticos en xeral para as persoas sas.

  • Falsos mitos en nutrición.

  • Dieta e actividade física.

  • Actividade física no Adulto Maior.

  • Recomendacións sobre a actividade física para a saúde.

  • Control emocional e educación para a saúde emocional.

A súa programación:

Este seminario está composto por tres sesións teóricas e unha práctica onde incluirase unha sesión especial relacionada ca saúde emocional, na que pretendese dar a coñecer unhas nocións básicas de exercicios de respiración e relaxación axeitado a este grupo de idade. A parte teórica terá lugar no espazos destinados polo Concello en dúas sesións de dúas horas cada unha.

Trataranse temas relacionados coa nutrición e alimentación saudable, a actividade física e a educación en saúde emocional, como elementos fundamentais para acadar un envellecemento activo e saudable. Estará impartido por Persoal Docente e Investigador da Universidade da Coruña del area de Ciencias Saúde:

  • Prof. Francisco Pita Gutiérrez, Escola Universitaria de Enfermaría, Nutrición e Endocrinoloxia -UDC.

  • Prof. Jose Mª Rolón Varela, Facultade de Ciencias do Traballo, Psicoloxía Social- UDC.

  • Prof. Isabel Raposo Vidal, Facultade de Fisioterapia, Intervención Psicosocial y Recuperación Funcional-UDC.

Sesións Teóricas:

  • 6 de marzo, de 17 a 19 horas: Educación para unha alimentación e nutrición saudable e sostible. Prof. Francisco Pita Gutiérrez.

  • 13 de marzo, de 17 a 19 horas: Actividade Fisica e Ergonomia, a cargo da Prof. Isabel Raposo Vidal

  • 20 de marzo, de 17 a 19 horas. Ferramentas para o control do Estrés, a cargo do Prof. José Mª Rolón Varela.

Sesións Prácticas:

  • 10 de abril. Actividade práctica relacionada có exercizo da relaxación, a cargo do Prof. Jose Mª Rolón Varela.

 

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos nas Pontes