De Corpos Presentes. Ciclo arredor das artes performativas

29/05/19 20:53
  • Estudiantado Actividad Congresos, jornadas, conferencias ... Cultural y social Pas Pdi

LABORATORIO DE MOVEMENTO
Obradoiro de movemento con TWINS EXPERIMENT
“Un laboratorio onde compartiremos a nosa metodoloxía de traballo e algunhas prácticas e materiais que forman parte da nosa última pieza: everlasting softness, arredor da creación dun ecosistema brando, un espazo sensorial, e o traballo con materiais e corpos brandos.”

+ Twins Experiment: https://twinsexperiment.com/

12.XUÑO.2018
18:00|21:00 HORAS
AULA DANZA|NORMAL

Inscrición previa: cultura.coruna@udc.es

EVERLASTING SOFTNESS
Performance con TWINS EXPERIMENT
É o terceiro traballo de Ainhoa Hernández e Laura Ramírez, no que se propicia un espazo brando para exercitar a escoita da materia e a súa axencia. Un espazo sensorial ficcionado onde todos os corpos teñan a mesma importancia e a materia sirva como materialización da terceira cousa que se produce entre dous. A práctica que están desenvolvendo, implica os seus corpos e a súa relación con materiais brandos. A singularidade dos materiais escollidos mantén unha estreita relación con conceptos centrais no seu traballo: porosidade, flexibilidade, afectación e mutabilidade; así como con algunhas características da sociedade actual na que as nosas vidas presentan unha condición líquida. Colócanse diferentes preguntas: como haberá de moverse o noso corpo para ser acompañado pola materia?, cómo respetar as singularidades de cada corpo?, como é este ecosistema que se está a xerar?

+ everlasting softness: https://twinsexperiment.com/Everlasting-softness

13.XUÑO.2019
20:00|21:00 HORAS
ALMACÉN|NORMAL

Entrada de balde

Publicado por: Cultura