As universidades galegas colaborarán coa Xunta na prevención e loita contra a violencia de xénero

Nota de prensa
24/05/19 14:39
  • Institucional

A Coruña, 24 de maio de 2019.- O pasado martes, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, xunto cos seus homólogos de Santiago, Antonio López, e de Vigo, Manuel Reigosa, asinaron senllos convenios de colaboración co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Segundo o acordo, cada universidade recibirá 100.000 euros para poñer en marcha actuacións relacionadas coa sensibilización e prevención, así como visualización e atención a outras formas de violencia contra as mulleres.

Esta colaboración súmase a outras que se veñen desenvolvendo coas universidades a través das Oficinas para a Igualdade.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC