A vicerreitora de Oferta Académica, Nancy Vázquez, presenta nas Pontes a segunda edición do programa de formación específica da Universidade Sénior

Nota de prensa
9/01/20 14:35
  • Institucional

A Coruña, 9 de xaneiro de 2020.- A Universidade Sénior, o programa universitario para maiores de 50 anos da Universidade da Coruña porá en marcha, en colaboración co Concello das Pontes, unha nova edición do programa de formación específica para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de xaneiro a marzo.

A Vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Educativa Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga, a Concelleira-delegada da Área de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude, Tania Pardo Cabarcos, a Concelleira de Organización Interna e Medios Locais, Lorena Tenreiro Blanco, e Matilde García Sánchez, Directora da Universidade Sénior, presentarán en Rolda de Prensa o programa, nun acto que terá lugar mañá, venres 10 de xaneiro, ás 13:30 horas, no Salón de Plenos do Concello das Pontes.

A inscrición, que será gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior As Pontes (https://udcsenioraspontes.wordpress.com/ ) ou presencial, de 9:30 a 12:30, a través do Instituto Pontés de Promoción Económica, do 10 ao 20 de xaneiro.

O programa formativo consta de tres módulos, impartidos por profesorado da Universidade da Coruña, e busca revalorizar o patrimonio cultural, social e ambiental da zona, concienciar á sociedade sobre a presenza da ciencia no día a día, e recoñecer o valor das disciplinas artísticas a través do coñecemento e as vivencias, a través de sesións teóricas e sesións prácticas ou saídas de campo, as seguintes temáticas e calendario:

 

MODULO I: Patrimonio Social e Cultural:

  • Patrimonio Arquitectónico de Galicia. Prof. Alvaro J. Iglesias. 22 e 29 de xaneiro, de 17 a 19 h.
  • Lingua e Literatura Galega. Prof. Xoán López Viñas. Xaneiro: 23 e 30, de 17 a 19 h.
  • Visita Cultural ó entorno da comarca. 4 de marzo, de 10:30 a 13:30 h.

MODULO II: Medio Ambiente e Sustentabilidade:

  • Enxeñaría e Tecnoloxía Ambiental. Prof. Manuel Soto. 5 e 12 de febreiro, de 17 a 19 h.
  • Ciencia e Vida. Prof. Jaime Fagundez Díaz. 6 e 13 de febreiro, de 17 a 19 h.
  • Saída de Campo. Paisaxe na Serra do Xistral. 5 de marzo, de 17 a 19 h.

MODULO III: Saúde e Calidade de vida:

  • Prof. Carmen de Labra Pinedo. 19 e 26 de febreiro, de 17 a 19 horas
  • Educación para a Saúde dende o Exercicio Terapéutico. Prof. Isabel Raposo Vidal. 20 e 27 de febreiro, de 17 a 19 h.
  • Sesión práctica exercicio terapéutico. 12 de marzo, de 17 a 19 horas.

Con esta segunda edición do Programa de Democratización do Coñecemento, a Universidade Sénior achégase de novo ás persoas maiores de 50 anos das Pontes, respostando as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde 2001, nos campus da Coruña e Ferrol, nos que preto dun milleiro de alumnos e alumnas cursan estudios na Universidade Sénior.

Contactar para máis información:

  • Matilde García Sánchez. Directora da Universidade Sénior da UDC. Tlf. 629066311.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC