A Universidade da Coruña presenta unha nova edición da FIRST LEGO League Galicia no Campus de Ferrol

Nota de prensa
7/02/19 12:29
  • Institucional

Ferrol, 7 de febreiro de 2019.- A sala anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol acollerá mañá, venres 8 de febreiro, ás 11:00 horas, a presentación dunha nova edición da FIRST LEGO League Galicia que organizan conxuntamente a Universidade da Coruña e a Fundación Scientia. No acto, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño, estará acompañada polo alcalde do Concello de Ferrol, Jorge Suárez; o director do Campus Industrial, Ginés Nicolás Costa; o coordinador da FIRST LEGO League Galicia, o profesor José Antonio Becerra Permuy; o director da Escola Politécnica Superior (EPS), Armando Yáñez; a subdirectora de Infraestruturas e Relacións Exteriores da Escola Universitaria Politécnica (EUP), Isabel Fernández Ibáñez; e o director da Oficina Universitaria do Banco Santander no Campus de Ferrol, Iago Sabucedo.

A FIRST LEGO League é o maior programa internacional para o fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas entre os máis novos. De feito, son máis de 450.000 os mozos e mozas de 98 países de todo o mundo quen participan nesta iniciativa. A edición galega terá lugar, o vindeiro sábado 16 de febreiro, a partires das 08:30 horas, no Auditorio de Ferrol.

 

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC