Exercicio e Saúde

Para poder participar en calquera actividade programada pola Área de Deportes da UDC, todos os membros da Comunidade Universitaria deberán ter o  Abono Deporte, e o Público en Xeral deberá abonar a Matrícula da Área de Deportes.

Poderás inscribirte ao longo do curso académico.

Todas as actividades de Exercicio e Saúde rexeranse polo calendario académico universitario do curso actual. Cando o calendario académico universitario marque un festivo ou non lectivo, ese día non haberá clases e non se recuperarán.

Os/as usuarios/as que teñan feita unha inscrición no primeiro cuadrimestre, terán a preferencia para a reserva da praza que ocupan no segundo cuadrimestre, abríndose para eles/as un periodo de renovación anterior ao prazo de inscrición do segundo cuadrimestre.

Nalgunhas actividades poderase obter o recoñecemento de créditos (alumnos/as de Grao) (normativa e resolución reitoral) superando o 85 % da asistencia.

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

 

Para máis información e inscricións, pincha aquí e escolle a túa actividade.