Actividades Náuticas + Inglés 2019

2019

Actividades náuticas + inglés (c) Actividades náuticas + inglés
  • ACTIVIDADES NÁUTICAS + INGLÉS

Imprescindible saber nadar


Náuticas + inglés

Nacidos/as do 1 de xaneiro do 2004 ao 1 de xullo do 2010.

O obxectivo é a introdución nos deportes náuticos espertando o gusto pola comunicación en inglés. En seco realizaranse sesións de reforzo en inglés con actividades lúdicas e medios audiovisuais.

A Coruña, Aula Náutica do dique de abrigo

1–15 de xullo, comunidade universitaria (con comedor 216 €, sen comedor 150 €), persoas alleas á UDC (con comedor 251 €, sen comedor 185 €)

Prazo de inscrición: com. univ. (do 31 de maio ao 26 de xuño), persoas alleas á UDC (do 12 ao 26 de xuño)

16–31 de xullo, comunidade universitaria (con comedor 216 €, sen comedor 150 €), persoas alleas á UDC (con comedor 251 €, sen comedor 185 €)

Prazo de inscrición: com. univ. (do 31 de maio ao 10 de xullo), persoas alleas á UDC (do 12 de xuño ao 10 de xullo)

 

Horarios

Entrada: 8:30 – 9:30 h

Actividades: 9:00 – 14:30 h

Saída: de 14:30 - 15:00 h (os/as nenos/as que teñan comedor sairán entre as 15:00 e as 15:30 h)

O servizo de comedor será na cafetaría da Reitoría

Durante o servizo de comedor os nenos/as estarán acompañados por monitores do propio campamento.


Resumo das actividades náuticas + inglés


Matrícula en liña

Documentación necesaria:

No momento da inscrición deberá de encher un cuestionario no que terá que achegar copia do libro de familia (folla dos titulares e folla do neno/a).

Inscrición:

autenticación (se é da comunidade universitaria prema en "autenticación universitarios" e se é persoal alleo á UDC prema en "autenticación de non universitarios e familiares". O persoal alleo que entre por primeira vez deberá rexistrarse previamente e deberá ser o pai/nai/titor/a do/a neno/a que se quere inscribir)

2º rexistro do/a fillo/a. Prema “novo membro da familia” para dar de alta a cada fillo ou filla (no caso de non telos previamente rexistrados)

3º unha vez creados "entre na sesión do/a fillo/a" que desexe inscribir

4º prema na pestana Actividades - A Coruña - Actividades Náuticas + Inglés

5º prema no enlace "Ver +" e elixa a quenda na que quere inscribilo/a

6º cubra o cuestionario e achegue a copia do libro de familia

7º seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme

 

As prazas son limitadas.
Poderase cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de inscricións.
Darase preferencia a fillos e fillas de membros da comunidade universitaria.
Todas as inscricións serán por orde de entrada xunto co seu pagamento.

 

Información

Na Coruña, no Pavillón de Deportes do campus de Elviña

Teléfonos 881 011 904, 881 011 905, 881 011 909

infodeportes@udc.es