Estudar

Os nosos planos de estudos están en continua evolución para adaptarse ás necesidades da sociedade: graos, dobres graos e estudos internacionais, docencia en inglés, másteres e programas de doutoramento así como os estudos propios da UDC. Sen esquecer a Universidade Sénior. Matricúlate!

Estudos propios

Estudos propios

A Unidade de Estudos Propios de Posgrao da Universidade da Coruña é un órgano de xestión  que ten como misión planificar, coordinar, supervisar e difundir a oferta de estudos propios de posgrao da UDC, velando pola súa calidade e idoneidade con respecto ás demandas de formación de posgrao do noso entorno.

Universidade Sénior

Universidade Sénior

A Universidade Senior da Universidade da Coruña consiste en estudos destinados a un sector da sociedade maior de 50 anos que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

Estudantes

Todos os estudantes da Universidade da Coruña terán igualdade de dereitos e deberes, sen máis distinción que a derivada dos estudos que estean cursando, sen ningunha discriminación por razón de nacemento, raza, género, lingua, capacidade económica, discapacidade, orientación sexual, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal, social, relixiosa e/ou política.

Recoñécese a liberdade de expresión a todos os estudantes, conforme ao artigo 16 da Constitución Española e a lexislación de desenvolvemento.

Estudantes