• CyD
    A UDC entre o 33% das mellores universidades
    en máis da metade dos indicadores
  • LEIDEN
    Posto 4 do SUE en proporción
    de artigos escritos por mulleres
  • RANKING EL MUNDO
    Posto 18 das universidades públicas
    4 titulacións entre as máis demandadas
  • THE IMPACT
    Posto 57 en Acción polo clima
    (SDG 13)
  • DYNTRA
    Posto 7 no ranking nacional
    das universidades máis transparentes

A UDC nos rankings universitarios

Os rankings universitarios estanse impoñendo como unha nova ferramenta de avaliación da actividade académica e investigadora de gran atractivo mediático e influente a nivel social. Debe terse en conta que os rankings poden adoptar un enfoque baseado no volume de resultados, nese caso o tamaño é importante, ou ben un enfoque que se centra na produtividade. Así mesmo cada ranking utiliza criterios e persegue obxectivos diferentes.

A Universidade da Coruña (UDC), por tamaño, ocupa o lugar 25 de entre as 48 universidades españolas públicas presenciais (IUNE, 2018). É unha universidade nova, cuxos estatutos foron publicados en 1992.

Neste informe preséntanse os resultados da UDC nos distintos rankings, tanto internacionais como nacionais.

Rankings internacionais

Só 25 universidades españolas conseguen entrar este ano no ranking e a UDC é unha delas, ocupando o posto 801-1000.  Ler máis...

A UDC sitúase na banda de 801-1000 do total de institucións avaliadas en todo o mundo (mantendo o mesmo posto que o ano anterior). Ler máis...

A UDC entra por primeira vez neste ranking con 9 áreas, obtendo a súa máxima puntuación en Informática e Educación. Ler máis...

A UDC ocupa o posto 24 a nivel nacional e o rango 126-150 de entre as máis de 200 universidades europeas avaliadas. Ler máis...

A UDC colócase na posición 101-200 das máis de 450 universidades avaliadas no mundo. Posición 57 en Acción polo clima. Ler máis...

A UDC sitúa dúas titulacións no ranking: Enxeñaría Civil no posto 151-200 e Enxeñaría Informática no posto 401-500. Ler máis...

Entran 34 universidades do SUE. A UDC destaca en proporción de artigos escritos por mulleres e proporción de publicacións coa empresa. Ler máis...

A UDC sitúa 9 indicadores no grupo de alto rendemento, entre os que destacan publicacións interdisciplinares e ingresos. Ler máis...

A UDC ocupa o posto 38 das 63 universidades españolas avaliadas e o 476 de entre as 3234 institucións de educación superior. Ler máis...

A UDC ocupa a posición 7 das 28 universidades españolas avaliadas. A nivel mundial ocupa a posición 93 das 719 universidades. Ler máis...

Neste ránking a UDC colócase na posición 22 en España, na posición 344 de Europa e na 818 a nivel mundial. Ler máis...

Neste ránking a UDC colócase na posición 18 en España, na posición 120 de Europa e na 272 a nivel mundial. Ler máis...

Neste ránking a UDC ocupa o posto 38 a nivel nacional e o posto 989 a nivel mundial, de entre as 18000 universidades avaliadas. Ler máis...

A UDC ocupa o posto 31 das 75 institucións consideradas a nivel nacional e o posto 1025 de 13600 a nivel mundial. Ler máis...

Neste ránking a UDC ocupa a posición 34 a nivel nacional e o posto 854 a nivel mundial. Actualmente a UDC atópase na categoría B++. Ler máis...

Rankings nacionais

Ocupamos o 1.ª posto en proporción de artigos publicados en revistas de alta calidade científica, e o 19 en patentes e proxectos do plan nacional. Ler máis...

Destacamos en publicacións interdisciplinares, spin-offs, titulacións en idioma estranxeiro (máster), prácticas en empresas da rexión... Ler máis...

A UDC ocupa o posto 18 das 79 universidades españolas estudadas, o 15 entre as universidades públicas. Ler máis...

A UDC sitúase no nivel 7 no ranking de rendemento. Por outro lado, ocupa o nivel 21 no ranking de volume . Ler máis...

A UDC colócase na posición 7 das 50 universidades públicas españolas avaliadas e mantén a posición cando se inclúen as privadas. Ler máis...