• Un bacharelato pensado para promover a vocación do alumnado pola investigación científica e tecnolóxica
  • Fomenta o pensamento crítico e enfoque práctico de resolución de problemas
  • Busca unha maior e mellor conexión entre o bacharelato e a universidade

O STEMbach ou Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, pensado tanto para a modalidade de Humanidades como para a de Ciencias e creado ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital, promove a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario.

Contacto

Calquera dúbida ou solicitude de asignación será atendida a través do correo de contacto da coordinación STEMbach na UDC: stembach@udc.gal