Axudas, bolsas e tarxetas

Axudas da UDC

A UDC concede axudas para o transporte urbano na cidade da Coruña e para o transporte metropolitano da Coruña e Ferrol ao alumnado matriculado nas titulacións que se imparten nos campus da Coruña ou de Ferrol. 

Para saber máis sobre o prazo de solicitude, os requisitos, a contía da axuda e os criterios de adxudicación, véxase a Convocatoria para o curso 2019/2020

 

Outras axudas

Algúns concellos da bisbarra de Ferrolterra ofertan axudas ao alumnado que realiza os seus estudos na cidade da Coruña. Os requisitos solicitados varían segundo o concello. Normalmente, contemplan os seguintes aspectos:

  • Estar empadroado/a no concello onde se solicita a axuda.
  • Estar ao corrente no pagamento de tributos no momento da entrega da solicitude.
  • Cursar estudos en que sexa necesario o desprazamento até A Coruña.
  • Baremo económico da unidade familiar.

Habitualmente, as convocatorias publícanse no verán ou a comezos de cada curso e poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, nos webs e nos taboleiros de anuncios de cada concello: Ferrol, Narón, Neda e Fene.

Tarxetas

A tarxeta Millenium permite obter descontos nos autobuses urbanos da cidade da Coruña.

A tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia  (TMG) pódese utilizar no transporte urbano e interurbano de Galicia.

Na siguintes ligazón podes atopar información máis concreta sobre a TMG: