O reitor clausura mañá o IX Congreso de Estudantes de Podoloxía de Galicia que está tendo lugar no Campus de Ferrol

Press release
2/13/20 2:13 PM
  • Institutional

A Coruña, 13 de febreiro de 2020.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, clausurará mañá venres, 14 de febreiro, ás 19:00 horas o IX Congreso de Estudantes de Podoloxía que hoxe comezou no salón de actos do Campus de Ferrol.

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, abriu esta mañá o congreso xunto co xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio, a presidenta do IX congreso de Estudantes de Podoloxía de Galicia, Cristina Fernández Sande, o presidente do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia, Juan Dios Tomé, e a decana da Facultade de Enfermería e Podoloxía, Emma Rodríguez Maseda.

Ao longo destes días, o alumnado poderá asistir ás diversas conferencias relacionadas coa súa área académica, así como a varios talleres especializados e charlas de aspectos prácticos para abrir unha clínica podolóxica. O Congreso, no que participan máis dun centenar de alumnos, está organizado por estudantes de 2º e 3º cursos do Grao en Podoloxía da Universidade da Coruña.

 

Foto: integrantes da organización do Congreso, estudantes do Grao en Podoloxía

 

 

 

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC