O Grao en Paisaxe organiza este martes na Escola de Arquitectura unha conferencia do premiado director de cine Oliver Laxe

Press release
11/29/19 2:04 PM
  • Institutional

A Coruña, 29 de novembro de 2019.-  A Escola Técnica Superior de Arquitectura acollerá o vindeiro martes, 3 de decembro, ás 11:00 horas, no salón de actos, a palestra do director de cine Oliver Laxe “Trascendendo a paisaxe”, organizada polo Grao en Paisaxe, primeiro grao interuniversitario en Galicia feito entre a Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela.

Esta palestra está aberta a todo o público interesado.

Oliver Laxe (París, 1982) estréase na longametraxe en 2010 con Todos vós sodes capitáns, galardoada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes co Premio de la Crítica Internacional. Mimosas, o seu segundo filme, gaña o Gran Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes 2016 e é estreado en salas españolas. En 2019, con O que arde, Laxe obtén o Premio do Xurado na Sección Oficial – Unha Certa Mirada convertíndose no primeiro cineasta español xunto a Víctor Erice en ser seleccionado en Cannes coas súas tres primeiras obras e o único en gañar en todas as súas participacións.

 

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC