O CICA abre as súas portas no ciclo de visitas “Xullo 2019: Coñece os Centros de Investigación da UDC", do Campus Innova

Press release
7/11/19 2:48 PM
  • Institutional

A Coruña, 11 de xullo de 2019.- O vindeiro martes 16 de xullo terá lugar a visita ao Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) no marco do ciclo de visitas “Xullo 2019: Coñece os Centros de Investigación da UDC", organizado polo Campus Innova.

A visita, que terá lugar ás 10:00 horas e unha duración aproximada de 60 minutos, comezará coa presentación por parte do director do CICA, Jaime Rodríguez González, e continuará coa visita aos laboratorios do Grupo BIOCOST, de Bioloxía Costeira; do Grupo Quimolmat, de Química Molecular e de Materiais; e do Grupo GIR, de Reumatoloxía.

Esta iniciativa comezou hoxe coa visita ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) e finalizará o venres 19 de xullo no Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC).

Para participar nas visitas propostas é necesario inscribirse cubrindo o seguinte formulario: https://forms.gle/vTqm8ezvcPbuQnn56

Os grupos serán limitados, sendo para cada un dos centros dun máximo de 25 persoas, que serán seleccionadas por estrita orde de recepción das solicitudes. Crearanse, así mesmo, listaxes de reserva por se algunha das persoas inscritas non puidese finalmente asistir.

Foto: imaxe da visita ao CITEEC

 

Sobre o CICA

O Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) é un centro de investigación interdisciplinar da Universidade da Coruña dedicado á biomedicina, a biotecnoloxía, o medio ambiente e os novos materiais, que busca fomentar e potenciar a colaboración entre estas áreas para conseguir a excelencia científica. Os seus máis de 200 investigadores desenvolven a súa actividade en laboratorios dotados de equipamento de alto nivel e persoal especializado.

Para potenciar a área de biomedicina, o CICA colabora co Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), o que se plasma na Agrupación Estratéxica CICA-INIBIC, co apoio da Xunta de Galicia.

Os grupos de investigación asociados ao centro son:

  • Área Medio ambiente
  • AQUATERRA: Xestión Sustentable dos Recursos Hídricos e do Solo
  • BIOCOST: Bioloxía Costeira
  • BIOENGIN: Bioenxeñaría Ambiental e Control de Calidade
  • EnQA: Enxeñaría Química Ambiental
  • GRICA: Grupo de Investigación en Cambio Ambiental
  • QANAP: Química Analítica Aplicada

-  Área Biotecnoloxía

  • EXPRELA: Regulación da Expresión Xénica e Aplicacións
  • GIBE: Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva
  • MICROALGAE: Estudo e Aplicacións das Microalgas
  • NEUROVER: Neuroanatomía de Vertebrados
  • XENOMAR: Xenética de Organismos Mariños
  • Área Novos Materiais
  • METMED: Metais no Medio Ambiente e Medicina
  • QUIMOLMAT: Química Molecular e de Materiais
  • REACT!: Reactividade Química e Fotorreactividade

-  Área Biomedicina

  • GIR: Grupo de Investigación en Reumatoloxía
  • CellCOM-SB: Grupo de Investigación Traslacional en Comunicación e sinalización celular
  • Envellecemento e inflamación
  • Epidemioloxía Clínica
  • FENM: Fisiopatoloxía Endocrina Nutricional e Médica
  • Grupo de Enfermidades Cardiovasculares e Metabólicas
  • NEUROcom: Neurociencia e Control Motor
  • Plasticidade Epitelial e Metástasis
  • TCMR: Grupo de Terapia Celular e Medicina Rexenerativa
  • Grupo de Microbioloxía

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC