Especialistas Internacionais daranse cita no 14º Congreso de Antropoloxía en Santiago de Compostela

Press release
4/12/19 2:09 PM
  • Institutional
  • Preto de 900 especialistas en antropoloxía e disciplinas afíns de máis de 50 países reúnense neste evento que contará con 90 sesións e diferentes grupos de traballo
  • A especialista en economía moral Susana Narotzky impartirá a conferencia inaugural
  • Entre as sesións plenarias adicarase unha integramente á antropoloxía galega

 

A Coruña, 12 de abril de 2019.- O Instituto de Ciencias do Patrimonio, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), organiza xunto á Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, a Universidade Nacional de Educación a Distancia e a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (Portugal) o 14º Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía (SIEF, polas suas siglas en inglés).

O congreso, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a Wenner Gren Foundation, a Deputación da Coruña, as universidades organizadoras e o CSIC, leva por lema Track Changes: Reflecting on a Transforming World.

Inauguración, o domingo na Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura, de Santiago de Compostela, acollerá este domingo 14 ás 18:00 horas a inauguración do simposio que se vai a desenvolver entre os días 14 e 17 de abril na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e no que se reflexionará sobre temas como a situación da antropoloxía en Galicia, o impacto do turismo ou a recuperación dos barrios.

No acto de apertura participarán a conselleira de Educación, Universidades e Formación profesional, Carmen Pomar; o presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso; o delegado institucional do CSIC en Galicia, Antonio de Ron; o vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, Vicente Pérez Muñuzuri; a vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga, e a vicerreitora de Coordinación Académica e Calidade da Universidade Nacional de Educación a Distancia, Nancy Konvalinka. Intervendrán tamén a presidenta deste congreso, Cristina Sánchez-Carretero, e a presidenta da asociación SIEF, Nevena Skrbic Alempijevic.

A continuación terá lugar a conferencia inaugural The politics of evidence in an uncertain world: experience, knowledge, social facts and factual truth a cargo de Susana Narotzky, catedrática de antropoloxía social da Universitat de Barcelona, cunha longa traxectoria de investigación en dinámicas socioeconómicas na cidade de Ferrol. Nela falará sobre as políticas económicas da incerteza que se derivan da crise e da postverdade.

Evento de gran trascendencia

O resto de conferencias plenarias serán impartidas por Barbara Kirshenblatt-Gimblett, conservadora xefe de POLIN Museo da historia dos xudeus polacos (Polonia); Regina Bendix, profesora de Etnoloxía Europea na Universidade de Göttingen (Alemania); Dorothy Noyes, especialista en antropoloxía que traballa na Universidade Estatal de Ohio (Estados Unidos); Coppélie Cocq, profesora de Etnoloxía Europea na Universidade de Helsinki (Finlandia); Sharon Roseman, que é profesora de Antropoloxía na Memorial Universidade (Canadá), e Tim Ingold, profesor emérito de Antropoloxía Social da Universidade de Aberdeen (Reino Unido).

“Desde la década de los 90 del pasado siglo no ha habido otro evento similar de antropología en España. Es una ocasión muy especial porque se van a reunir figuras de primera línea internacional en este ámbito”, sinala Cristina Sánchez, presidenta da Asociación Galega de Antropoloxía, coordinadora do congreso e investigadora do CSIC no instituto de Ciencias de Patrimonio.

Unha mesa redonda sobre a antropoloxía galega

Preto de 900 especialistas en antropoloxía e disciplinas afíns de máis de 50 países daranse cita no evento que contará con 90 sesións. Os expertos abordarán temáticas de especial relevancia social, como os movementos migratorios e a crise dos refuxiados, cuestións de xénero, procesos de patrimonialización e consumo turístico na sociedade contemporánea, transformacións do mundo rural, ou temas medioambientais relacionados co cambio climático. Realizaranse en torno a 900 presentacións, entre papers, formatos audiovisuais e pósters.

Así mesmo, organizouse unha sesión plenaria especial adicada integramente a antropoloxía galega e na que haberá unha homenaxe a Carmelo Lisón Tolosana, impulsor dos estudos universitarios de Antropoloxía en España e mestre de varias xeracións de antropólogos españois e estranxeiros. Nesta sesión celebrarase unha mesa de debate moderada por Sharon Roseman, que realizou boa parte do seu traballo de campo en Galicia. Participarán Xaquín Rodríguez Campos, da Universidade de Santiago de Compostela; Antonio García Allut, da Universidade da Coruña e Xerardo Pereiro, da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro. O obxectivo, revisar e repensar a situación da antropoloxía en Galicia e analizar as posibilidades futuras da disciplina, xa que según sinala a coordinadora do congreso: “El caso gallego es especialmente precario debido a que carece de espacios visibles. En la actualidad, solo la Universidad Nacional de Educación a Distancia imparte el grado de Antropología”.

Habilitouse ademais un punto morado no que os asistentes poden denunciar calquera tipo de acoso ou violencia machista que se sufra ou da que se sexa testigo.

Toda a información sobre o congreso pode consultarse na páxina web www.siefhome.org/congresses/sief2019. Hai tamén dispoñible unha app (www.eventool.com/es/wa/SIEF2019) patrocinada pola Deputación de A Coruña.

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC