El-Rei resalta o papel das universidades na nova economía no acto de apertura do curso universitario español na Universidade da Coruña

Press release
9/30/19 4:17 PM
  • Institutional

A Coruña, 30 de setembro de 2019.- El-Rei Felipe VI presidiu esta mañá o acto de apertura do curso 2019-2020 das universidades españolas, que se celebrou na Universidade da Coruña, coincidindo coa conmemoración do 30 aniversario da institución.

Ao acto asistiron o ministro de Ciencia, Innovación y Universidades, Pedro Duque, e os presidentes da Comunidade, Alberto Núñez Feijóo, e do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, así como outras autoridades das administracións estatais, autonómica e local, civís e militares.

Unha trintena de reitores de universidades españolas participaron tamén na apertura nacional do curso universitario. O acto contou igualmente con representantes dos estudantes, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos da universidade.

A súa Maxestade, que chegou ás 11:50 horas á Reitoría da universidade coruñesa, recibiu de mans do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, o bastón de mando e descubriu unha placa conmemorativa da apertura do curso 2019-2020.

Tras a entrada ao Paraninfo da comitiva formada polos reitores e reitoras das universidades españolas, o presidente da  CRUE, o ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, o reitor da Universidade da Coruña, o presidente da Xunta de Galicia e o Rei Felipe VI, deu comezo o acto solemne.

 

Intelixencia Artificial: ser ou non ser no século  XXI

A catedrática Amparo Alonso Betanzos, investigadora en Intelixencia Artificial (IA), coordinadora do grupo de investigación Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da Universidade da Coruña e presidenta da Asociación de Intelixencia Artificial, foi a encargada de impartir a lección maxistral do novo curso académico.

Nela, Alonso Betanzos explicou que a intelixencia artificial é “unha disciplina imprescindible para afrontar o futuro do noso país, o futuro da sociedade e o futuro da Humanidade”.

A presidenta da Asociación de Intelixencia Artificial subliñou que esta área da Computación vive hoxe o seu período máis brillante. De feito, como indicou “como consecuencia, aumentou a demanda real das empresas, que multiplican anualmente os seus investimentos económicos no campo”.

Con todo, resaltou que hai abertas liñas de traballo de gran calado. “A IA é un campo de Informática amplo, transversal e interdisciplinar que supón un dos retos máis interesantes da tecnoloxía actual, e é o de maior influencia no tránsito á chamada Sociedade 4.0”, subliñou.

Alonso Betanzos concluíu sinalando que a IA constitúe unha tecnoloxía que pode converterse nun dos fitos na historia da nosa civilización. “Temos ante nós unha inmensa e real oportunidade como país que non podemos consentirnos desaproveitar”, afirmou.

 

Reitor da Universidade da Coruña

“Co nacemento da Universidade da Coruña estableceuse no norte de Galicia e de España un novo centro de cultivo e difusión do saber e da investigación científica”, expresou o seu reitor, Julio Abalde.

Abalde repasou os 30 anos de vida da Universidade da Coruña asegurando que creceu e consolidou a súa oferta académica, así como a súa capacidade científica e a súa transferencia de resultados.

De fronte ao futuro, o reitor da UDC resaltou que “o rol central das universidades está chamado a incrementarse de forma progresiva nos próximos anos” porque “o posicionamento estratéxico das universidades españolas será cada día máis decisivo e necesario nun mundo cada vez máis globalizado e inmerso nun progresivo cambio de modelo económico”.

Abalde destacou que os tres rankings internacionais máis prestixiosos sitúan máis da metade das universidades españolas e o 84% das públicas entre as mil mellores do mundo.

Con todo, o reitor solicitou unha nova lexislación estatal que facilite ás universidades a autonomía necesaria para o desempeño das súas funcións académicas e científicas. Neste sentido, afirmou que “urxe que nos dotemos dos instrumentos legais e económicos adecuados para evitar a fuga de talento e ser capaces de atraelo”.

 

Presidente de CRUE Universidades Españolas

Pola súa banda, o presidente de CRUE Universidades Españolas, José Carlos Gómez  Villamandos, manifestou que “España conta cun sólido e consolidado Sistema Universitario, que é referente internacional en moitas áreas de coñecemento”.

Gómez resaltou que, nunha situación de crise económica, as nosas universidades foron capaces de mellorar as súas capacidades e resultados a pesar de vivir momentos de gran incerteza e dificultade”. Neste sentido, reclamou unha lei que sexa garante dos estándares de calidade que se conseguiron.

“A sociedade do futuro depende da educación e da universidade do presente”, concluíu.

 

Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades

O Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, anunciou que a Estratexia Nacional da Intelixencia Artificial, que estará lista a final de ano, alentará a investigación e favorecerá a existencia para contornas do seu desenvolvemento garantindo o beneficio compartido e preservando os dereitos civís e valores democráticos.

Noutra liña, Duque subliñou o enorme dinamismo e calidade das universidades españolas que foron capaces de mellorar as súas capacidades e resultados experimentadas nos anos de crise.

Así mesmo, destacou o papel das universidades españolas no programa de “Universidades Europeas” onde 11 universidades españolas foron seleccionadas ata o de agora para participar nos 17 campus europeos.

Con todo, destacou a necesidade de modernizar algúns aspectos do sistema universitario español. Neste sentido, reclamou un novo marco normativo, unha nova Lei de Universidades que garanta a flexibilidade necesaria.

“A universidade, como xeradora de coñecemento, debe entender cales son os verdadeiros desafíos e retos das sociedades avanzadas e empuxar a fronteira do coñecemento”, afirmou.

 

 

Presidente da Xunta de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia referiuse á universidade como “un lugar idóneo para reflexionar sobre a década que se aveciña”, en especial sobre dous aspectos, “a fragmentación social e a consideración da verdade como algo molesto ou en todo caso prescindible”.

Neste sentido, Núñez Feijóo asegurou que “a Universidade foi e é unha parte fundamental de Galicia”. “Galicia fixo da Universidade, durante estes anos de democracia e autogoberno, unha das xoias máis prezadas, e en correspondencia as nosas tres universidades foron un exemplo de cooperación institucional, de adaptación e de servizo á comunidade”, sinalou.

 

El-Rei Felipe VI

Durante a súa intervención don Felipe referiuse á Universidade da Coruña como unha universidade “ xoven e moderna”.

Así mesmo, afirmou que “España atópase entre os 10 países con maior produtividade científica do mundo e vertebrou un sistema de educación superior cohesionado que permite unha formación de alta calidade en todo o noso país”.

Con todo, Felipe VI destacou que “non son poucos os desafíos aos que se enfronta España nos próximos anos no contexto da educación superior”. “As institucións educativas deberán estar preparadas para atender a inminente transformación tecnolóxica”, declarou o monarca.

Ademais, El-Rei insistiu en que “os sistemas universitarios no século XXI deberán desempeñar un papel fundamental na nova economía e reivindicar de modo rigoroso o seu espírito crítico como parte do seu compromiso social”.

No seu discurso, o monarca fixo fincapé en que a Universidade manterá un papel relevante nas sociedades vindeiras, favorecendo espazos de encontro no coñecemento par o conxunto da sociedade.

Por último, animou á comunidade universitaria a seguir “educando cidadáns instruídos con capacidade de xuízo; persoas comprometidas co futuro, atentas á novidade e ao coñecemento”.

 

 

El-Rei resalta el papel de las universidades en la nueva economía en el acto de apertura del curso universitario español en la Universidade da Coruña

 

El Rey Felipe VI ha presidido esta mañana el acto de apertura del curso 2019-2020 de las universidades españolas, que se ha celebrado en la Universidade da Coruña, coincidiendo con la conmemoración del 30 aniversario de la institución.

Al acto han asistido el ministro de Ciencia, Innovación y Universidades, Pedro Duque, y los presidentes de la Comunidad, Alberto Núñez Feijóo, y del Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, así como otras autoridades de las administraciones estatales, autonómica y local, civiles y militares.

Una treintena de rectores de universidades españolas han participado también en la apertura nacional del curso universitario. El acto contó igualmente con representantes de los estudiantes, personal docente e investigador y personal de administración y servicios de la universidad.

Su Majestad, que ha llegado a las 11:50 horas al rectorado de la universidad coruñesa, ha recibido de manos del rector de la Universidade da Coruña, Julio Abalde, un bastón de mando y ha descubierto una placa conmemorativa de la apertura del curso 2019-2020.

Tras la entrada al Paraninfo de la comitiva formada por los rectores y rectoras de las universidades españolas, el presidente de la CRUE, el ministro de Ciencia, Innovación y Universidades, el rector de la Universidade da Coruña, el presidente de la Xunta de Galicia y el Rey Felipe VI, ha dado comienzo el acto solemne.

 

Inteligencia Artificial: ser o no ser en el siglo XXI

La catedrática Amparo Alonso Betanzos, investigadora en Inteligencia Artificial (IA), coordinadora del grupo de investigación Laboratorio de I+D en Inteligencia Artificial de la Facultad de Informática de la Universidade da Coruña y presidenta de la Asociación de Inteligencia Artificial, ha sido la encargada de impartir la lección magistral del nuevo curso académico.

En ella, Alonso Betanzos ha explicado que la inteligencia artificial es “una disciplina imprescindible para afrontar el futuro de nuestro país, el fututo de la sociedad y el futuro de la Humanidad”.

La presidenta de la Asociación de Inteligencia Artificial ha subrayado que esta área de la Computación vive hoy su periodo más brillante. De hecho, como ha indicado “como consecuencia, ha aumentado la demanda real de las empresas, que multiplican anualmente sus inversiones económicas en el campo”.

Sin embargo, ha resaltado que hay abiertas líneas de trabajo de gran calado. “La IA es un campo de Informática amplio, transversal e interdisciplinar que supone uno de los retos más interesantes de la tecnología actual, y es el de mayor influencia en el tránsito a la llamada Sociedad 4.0”, ha subrayado.

Alonso Betanzos ha concluido señalando que la IA constituye una tecnología que puede convertirse en uno de los hitos en la historia de nuestra civilización. “Tenemos ante nosotros una inmensa y real oportunidad como país que no podemos consentirnos desaprovechar”, afirmó.

 

Rector de la Universidade da Coruña

“Con el nacimiento de la Universidade da Coruña se estableció en el norte de Galicia y de España un nuevo centro de cultivo y difusión del saber y de la investigación científica”, ha expresado su rector, Julio Abalde.

Abalde ha repasado los 30 años de vida de la Universidade da Coruña asegurando que ha crecido y consolidado su oferta académica, así como su capacidad científica y su transferencia de resultados.

De cara al futuro, el rector de la UDC ha resaltado que “el rol central de las universidades está llamado a incrementarse de forma progresiva en los próximos años” porque “el posicionamiento estratégico de las universidades españolas será cada día más decisivo y necesario en un mundo cada vez más globalizado e inmerso en un progresivo cambio de modelo económico”.

Abalde ha destacado que los tres ránkings internacionales más prestigiosos sitúan más de la mitad de las universidades españolas y el 84% de las públicas entre las mil mejores del mundo.

Sin embargo, el rector ha solicitado una nueva legislación estatal que facilite a las universidades la autonomía necesaria para el desempeño de sus funciones académicas y científicas. En este sentido, ha afirmado que “urge que nos dotemos de los instrumentos legales y económicos adecuados para evitar la fuga de talento y ser capaces de atraerlo”.

 

 

Presidente de CRUE Universidades Españolas

Por su parte, el presidente de CRUE Universidades Españolas, José Carlos Gómez Villamandos, ha manifestado que “España cuenta con un sólido y consolidado Sistema Universitario, que es referente internacional en muchas áreas de conocimiento”.

Gómez ha resaltado que, en una situación de crisis económica, nuestras universidades han sido capaces de mejorar sus capacidades y resultados pese a vivir momentos de gran incertidumbre y dificultad”. En este sentido, ha reclamado una ley que sea garante de los estándares de calidad que se han conseguido.

“La sociedad del futuro depende de la educación y de la universidad del presente”, ha concluido.

 

Ministro de Ciencia, Innovación y Universidades

El Ministro de Ciencia, Innovación y Universidades, Pedro Duque, anunció que la Estrategia Nacional de la Inteligencia Artificial, que estará lista al final de año, alentará la investigación y favorecerá la existencia para entornos de su desarrollo garantizando el beneficio compartido y preservando los derechos civiles y valores democráticos.

En otra línea, Duque subrayó el enorme dinamismo y calidad de las universidades españolas q han sido capaces de mejorar sus capacidades y resultados experimentadas en los años de crisis.

Así mismo, destacó el papel de las universidades españolas en el programa de “Universidades Europeas” donde 11 universidades españolas han sido seleccionadas hasta ahora para participar en los 17 campus europeos.

Sin embargo, ha destacado la necesidad de modernizar algunos aspectos del sistema universitario español. En este sentido, reclamó un nuevo marco normativo, una nueva Ley de Universidades que garantice la flexibilidad necesaria.

“La universidad, como generadora de conocimiento, debe entender cuales son los verdaderos desafíos y retos de las sociedades avanzadas y empujar la frontera del conocimiento”, afirmó.

 

Presidente de la Xunta de Galicia

El presidente de la Xunta de Galicia se refirió a la universidad como “un lugar idóneo para reflexionar sobre la década que se avecina”,  en especial sobre dos aspectos, “la fragmentación social y la consideración de la verdad como algo molesto o en todo caso prescindible”.

En este sentido, Núñez Feijóo aseguró que “la Universidad ha sido y es una parte fundamental de Galicia”. “Galicia ha hecho de la Universidad, durante estos años de democracia y autogobierno, una de las joyas más preciadas, y en correspondencia nuestras tres universidades han sido un ejemplo de cooperación institucional, de adaptación y de servicio a la comunidad”, señaló.

 

El Rey Felipe VI

Durante su intervención don Felipe se ha referido a la Universidade da Coruña como una universidad “xoven e moderna”.

Así mismo, ha afirmado que “España se encuentra entre los 10 países con mayor productividad científica del mundo y ha vertebrado un sistema de educación superior cohesionado que permite una formación de alta calidad en todo nuestro país”.

Sin embargo, Felipe VI ha destacado que “no son pocos los desafíos a los que se enfrenta España en los próximos años en el contexto de la educación superior”. “Las instituciones educativas deberán estar preparadas para atender la inminente transformación tecnológica”, ha declarado el monarca.

Además, el Rey ha insistido en que “los sistemas universitarios en el siglo XXI deberán desempeñar un papel fundamental en la nueva economía y reivindicar de modo riguroso su espíritu crítico como parte de su compromiso social”.

En su discurso, el monarca ha hecho hincapié en que la Universidad mantendrá un papel relevante en las sociedades venideras, favoreciendo espacios de encuentro en el conocimiento par el conjunto de la sociedad.

Por último, ha animado a la comunidad universitaria a seguir “educando ciudadanos instruidos con capacidad de juicio; personas comprometidas con el futuro, atentas a la novedad y al conocimiento”.

 

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC