A Universidade da Coruña amosa a súa oferta de mestrados no salón virtual das universidades españolas, Uniferia

Press release
3/23/20 12:46 PM
  • Institutional

A Coruña, 23 de marzo de 2020.- A Universidade da Coruña amosa a súa oferta de mestrados no salón virtual posto en marcha por Crue, Uniferia, aberto desde hoxe ata o 27 de marzo en www.master.uniferia.org. Na páxina hai información dos máis de 50 mestrados que poden seguirse na UDC de forma presencial, semipresencial e virtual, destacando os mestrados interuniversitarios, os internacionais e con mención de calidade.

Crue Universidades Españolas organiza por primeira vez a feira virtual de mestrados, completando a información ofrecida coa feira de graos que se celebrou con éxito o pasado mes de febreiro.

As 54 universidades presentes na feira dan a coñecer de maneira personalizada as súas propostas de titulacións de mestrado, os sistemas de acceso, as posibilidades de internacionalización e outra información de interese. Esta fórmula permite aos interesados visitar os distintos “stands” das universidades sen saír de casa. Ademais posibilita ao estudantado interactuar cos servizos de información e orientacións das institucións participantes, a través e canles de chat. Uniferia Mestrado é unha plataforma atractiva e en formato responsive que se adapta aos dispositivos móbiles. No punto de información principal, os usuarios atopan datos xerais sobre o Sistema Universitario Español, así como un buscador para localizar títulos das universidades españolas presentes na feira.

O grupo de traballo dos Servizos de Información e Orientación Universitaria de Crue é o responsable desta iniciativa.

#UDCnonPara      

#QuedaNaCasa

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC