A Universidade da Coruña amosa a súa oferta académica desde este luns no salón virtual de universidades españolas UNIferia

Press release
2/14/20 2:41 PM
  • Institutional

A Coruña, 14 de febreiro de 2020.- A Universidade da Coruña abrirá este luns o seu espazo virtual dentro da feira de universidades UNIferia, promovida por Crue Universidades Españolas.

Do 17 ao 28 de febreiro, todos os interesados, futuro alumnado e sociedade en xeral, poderá informarse da oferta académica da UDC e doutras 53 universidades de España na páxina web www.uniferia.org. Esta é a segunda edición deste encontro entre as universidades e os futuros universitarios, que poderán contactar directamente con responsables dos títulos que lles interesen para que lles resolvan dúbidas. Ademais desta iniciativa para os títulos de grao, Crue porá en marcha do 23 ao 27 de marzo unha plataforma similar para os títulos de mestrado.

Ademais, o estudantado poderá obter información relativa ao sistema de acceso á universidade, bolsas, posibilidades de internacionalización e os pasos necesarios para formalizar a matrícula.

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC