A Unidade Mixta de Investigación UDC-Navantia organiza unha xornada de novas ferramentas da industria 4.0 no CITIC

Press release
3/13/19 2:37 PM
  • Institutional

A Coruña, 13 de marzo de 2019.- A Unidade Mixta de Investigación UDC-Navantia organiza a xornada “Novas ferramentas da Industria 4.0: solucións de PTC para IoT, Realidade Aumentada e Machine Learning”, mañá xoves, 14 de marzo no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación, CITIC, da Universidade da Coruña, coa colaboración das empresa PTC e Integral PLM.

A xornada será impartida por Carlos Cosials Ruiz, IoT Senior Biz Consultant de PLM Integral, e Josep Ortega, Channel Business Development Manager para Iberia&MEA de PTC. O obxectivo desta actividade é dar a coñecer aos asistentes a platafoma de IoT e realidade aumentada así como distintas solucións que aunen os entornos físicos e dixital (CAD, CAE, PLM) para reinventar a maneira de deseñar, fabricar, operar, reparar ou manter os produtos na industria 4.0.

O programa comezará ás 10:00 horas co relatorio “Os sistemas gráficos 3D para a reproducción de produtos virtuais en entornos simulados”. Ás 11:40h haberá a intervención “A plataforma de IoT xenérica de ámbito industrial, con Machine Learning incluída e DevOps integrado, na adopción de proxectos de industria 4.0. Coa exposición de modelos de colaboración coa universidade e as conclusións pechará esta xornada.

 

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC