A Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña aproba manter o Grao en Ciencias Empresariais

Press release
8/8/19 10:02 AM
  • Institutional

A Coruña, 8 de agosto de 2019.- O día 24 de xullo a Xunta da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña aprobou por unanimidade manter a oferta do Grao en Ciencias Empresariais. Deste xeito, dáse continuidade a un título de longa tradición e prestixio na Universidade da Coruña, que conta cun notable recoñecemento por parte da sociedade manifestado tanto na demanda de ingreso dos estudantes como na inserción laboral dos graduados.

Por outro lado, o Mestrado Universitario en Banca e Finanzas da Universidade da Coruña que se imparte nesta facultade é o único mestrado universitario en recibir a acreditación do Banco de España para informar e asesorar en contratos de crédito inmobiliario. O pasado 16 de xuño entrou en vigor a Ley de Crédito Inmobiliario que esixe ás entidades financeiras que acrediten que o seu persoal conta cos coñecementos e competencias para informar ou asesorar na comercialización de préstamos inmobiliario e hipotecario.

O 26 de xullo o Mestrado Universitario en Banca e Finanzas (MUBF) da Universidade da Coruña foi incluído na listaxe de títulos recoñecidos polo Banco de España para acreditar ditos coñecementos e competencias. Ata o momento, o Banco de España unicamente recoñece 7 títulos a tal efecto, e o MUBF é o único mestrado universitario. 

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC