A Cátedra Cosme Álvarez del Río UDC-Navantia inicia as actividades deste curso

Press release
12/4/18 12:15 PM
  • Institutional

A Coruña, 4 de decembro de 2018.-. A Cátedra Cosme Álvarez del Río UDC-Navantia, que dirixe a profesora Ana Álvarez García, organiza as primeiras actividades deste curso mañá mércores, 5 de decembro, ás 19:00 horas no salón de actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol.

A catedrática de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Alicia Estévez Toranzo, impartirá a conferencia de apertura do curso. Durante o acto entregarase o premio á innovación Navantia do curso 2017-2018 a Pedro Ojea González.

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC