Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Regulamento sobre orde de prelación de exames

 

Regulamento para a orde de prelación de exames na Facultade de Filoloxía
(aprobado na Xunta de Facultade de 3 de xuño de 2016 e modificado pola Xunta de Facultade de 26 de xullo de 2017)

 

Cando un alumno ou unha alumna tiver dous exames no mesmo día e á mesma hora, acórdase a seguinte prelación de preferencias para a realización das probas:

1º) Materias básicas

2º) Materias obrigatorias

3º) Materias optativas

4º) Se foren materias do mesmo tipo e diferente curso, teñen preferencia as do curso anterior (mudan as do curso superior)

5º) Se foren materias do mesmo tipo e mesmo curso, teñen preferencia as do primeiro cuadrimestre (mudan as do segundo cuadrimestre)

 

O profesorado responsábel da materia non preferente deberá concordar coa persoa afectada unha data e hora distintas dentro do período oficial de exames e, se for posíbel, posteriores ao día oficial previsto, previa solicitude formal ao centro por parte do/a estudante.

A solicitude presentarase ao menos 10 días hábiles antes do comezo do período de avaliación.

O profesor ou profesora poderá pedir á persoa solicitante de nova data de exame o xustificante de se ter presentado ao exame cuxa coincidencia motivou a realización da proba nunha outra data, mesmo antes da celebración do segundo exame.
 

Instancia de solicitude

Parte de exame