Foto da reitoría da Universidade da Coruña (Maestranza) (c) Foto da reitoría da Universidade da Coruña (Maestranza)

O Perfil do Contratante garante o acceso á información relativa á actividade contractual da UDC, de acordo cos requisitos establecidos no artigo 63 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do sector público (LCSP). 

A Universidade da Coruña, como administración pública integrada no sector público, está sometida á LCSP. Na Universidade da Coruña (UDC), o Servizo de Contratación, Patrimonio e Xestión Económica, a través da Sección de Contratación, é o responsable de levar a cabo con eficiencia a utilización dos fondos destinados á realización de obras, a adquisición de bens e a contratación de servizos, garantindo os principios de liberdade de acceso ás licitacións, a publicidade e a transparencia dos procedementos, a non discriminación e igualdade de trato entre os candidatos.