BIBLIOTECA-ARQUIVO FRANCISCO PILLADO MAYOR

Cartel de pillado pequeño (c) cartel pillado

A Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor nace dun convenio de doazón entre D. Francisco Pillado Mayor e a Universidade da Coruña, asinado en 1996.

 

A Biblioteca Pillado é unha colección de monografías e revistas de teoría do teatro e das artes escénicas, textos de teatro clásico e contemporáneo, en galego e noutros idiomas. Está ubicada na 2º planta da biblioteca.

 

O Arquivo Pillado é unha colección documental que ao longo da súa traxectoria profesional reuniu Francisco Pillado e que medra cada día con novas achegas de arquivos privados e persoais, de entidades ou de compañías teatrais que lle proporcionan periodicamente documentación sobre as súas actividades. Estes documentos están agrupados na serie "Colección Francisco Pillado Mayor", que á súa vez subdivídese nas seguintes subseries: Arquivo Luís Seoane, Carteis, Compañías, Eventos, Materiais gráficos e audiovisuais, Música, Organismos, Prensa, Programas de man e folletos, Publicacións, Representacións e Textos.

O seu acceso está restrinxido a investigadores, previa autorización da Biblioteca.


Toda a documentación da Biblioteca-Arquivo pode consultarse vía web no catálogo da biblioteca da UDC. No Repositorio Universidade da Coruña (RUC), dentro do seu apartado Biblioteca Udc-coleccións especiais está accesible a imaxe dixitalizada da totalidade da colección de Carteis e fotografías.

 

Guía de recursos sobre teatro