Noite europea da investigación

29 de setembro de 2017 no campus de Ferrol

A Noite europea da investigación é un evento de divulgación científica que se celebra simultaneamente en 340 cidades europeas. Na Universidade da Coruña se celebra o día 29 de setembro de 2017, no campus de Ferrol, cos seguintes actos:

Xornada de portas abertas con visitas guiadas

18:00 a 20:00 h
Centro de Investigacións Tecnolóxicas, CIT

Voute contar. Ovellas, cifras, dedos e códigos. Café científico con Vicente Mohedano

20:00 h.  Cafetería do Campus de Ferrol
De balde e para todos os públicos

1. É posible que algún día descubras de repente que desde uns tempos para aquí os humanos adquirimos a manía de contar. Contar, contar... Non só de contar contos e historias, mais de medir e contar todo con números.

2. É moi probable que un día de repente visualices que os computadores entenden mellor que ninguén que todo -absolutamente todo- pode ser interpretado mediante números. En realidade os computadores non coñecen outro xeito de entender o universo.

3. Tal vez un día comprendas todo :)

Ou tal vez non :(

Existe unha certa probabilidade de que si e unha certa probabilidade de que non comprendas nada na vida :P


Organiza

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da Universidade da Coruña
Campus Industrial Ferrol. Universidade da Coruña

Colabora

Deputación da Coruña