Benvido á UTC

A Unidade Técnica de Calidade, que depende organicamente da Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente, leva adiante as seguintes tarefas:

  1. Xestionar proxectos de calidade, avaliación, certificación e acreditación.
  2. Informar e asesorar á comunidade universitaria sobre as actividades e os programas que son competencia da UTC.
  3. Coordinar o sistema de suxestións da UDC a través do que os usuarios envían preguntas, suxestións, queixas e felicitacións.

A primeira tarefa concirne a todos os proxectos de calidade, avaliación, seguimento, certificación e acreditación que leva a cabo a UDC a través da súa Unidade Técnica de Calidade, de maneira obrigatoria, porque así o impón o organismo competente, ou ben de maneira voluntaria porque así o quere abordar a UDC. Neste sentido a UTC realiza actividades de asesoramento, apoio, coordinación e seguimento.

A segunda tarefa atinxe a toda a información e asesoramento que realiza a UTC en relación coas actividades e programas que están baixo a súa competencia.

Para levar a cabo estes procedementos, a UTC, ademais do persoal con que conta, apóiase para os temas relativos aos centros, títulos e profesorado, no/a Vicedecano/a ou Subdirector/a de Calidade de cada un dos centros da UDC, nomeado polo reitor por proposta de cada decano/director e que representa o nexo de unión entre o seu centro e a Unidade Técnica de Calidade para levar a cabo todos os proxectos que conforman o Plan de Calidade da Universidade da Coruña.