A UDC nos rankings universitarios

Os rankings universitarios estanse impoñendo como unha nova ferramenta de avaliación da actividade académica e investigadora de gran atractivo mediático e influente a nivel social. Debe terse en conta que os rankings poden adoptar un enfoque baseado no volume de resultados, nese caso o tamaño é importante, ou ben un enfoque que se centra na produtividade. Así mesmo cada ranking utiliza criterios e persegue obxectivos diferentes.

A Universidade da Coruña (UDC), por tamaño, ocupa o lugar 27 de entre as 48 universidades españolas públicas presenciais (IUNE, 2015). É unha universidade nova, cuxos estatutos foron publicados en 1992.

Neste informe preséntanse os resultados da UDC nos distintos rankings, tanto internacionais como nacionais.

Poderíase destacar:

  • A UDC mantense entre as 1000 mellores universidades nos rankings THE e o QS, ocupando o tramo 801-1000.
  • 5.º posto en proporción de artigos publicados en revistas de alta calidade científica sobre o total das publicacións de cada universidade (Observatorio IUNE).
  • 5.ª universidade española con maior número de contratos de I+D e patentes nacionais, medidas por 100 profesores (Observatorio IUNE).
  • A UDC na era dixital: está entre o 7% das universidades máis visibles do mundo e entre o 14% das universidades máis activas de España (Webometrics), ocupa o 5.º posto nacional en difusión e creación de software libre (RUSL).

Rankings internacionais

Rankings nacionais