GreenMetric

GreenMetric

O GreenMetric World University Ranking é unha iniciativa da Universidade de Indonesia que se realizou por primeira vez en 2010. O obxectivo deste ranking é proporcionar unha clasificación atendendo ás políticas relacionadas co medio ambiente (loita contra o cambio climático mundial, conservación da enerxía e a auga, reciclaxe de residuos…) nas universidades de todo o mundo. Actualmente avalíanse máis de 600 universidades de todo o mundo.

Fontes de información

Datos das propias universidades.

Resultados

A UDC ocupa a posición 4 das 29 universidades españolas avaliadas, mellorando 9 postos con respecto á edición anterior. A nivel mundial ocupa a posición 87 das 619 universidades estudadas subindo 62 postos con respecto a 2016. Estes datos sitúana entre o 14% das mellores universidades tanto a nivel nacional como mundial.


Actualizado: decembro 2017