Plan estratéxico

O plan está organizado en tres bloques principais. No primeiro, defínense a misión, a visión e os valores da nosa universidade. No segundo, detállanse os obxectivos e as liñas de actuación en cada área estratéxica; para cada obxectivo especifícase un conxunto de indicadores clave.

No terceiro, defínese o ciclo de actualización e de rendición de contas, así como a integración deste plan cos plans estratéxicos de todos os centros da UDC. En particular, establécese que todos os centros da UDC deben dispor dun plan estratéxico adaptado ás súas características e necesidades específicas e coherente co plan estratéxico da universidade. Tamén se especifican os documentos que os órganos de goberno competentes deberán elaborar e aprobar para a correcta aplicación do plan. Trátase dos instrumentos que dan soporte financeiro ao plan estratéxico UDC2020 e que detallan todas as medidas e accións concretas que cada ano se establecen para aplicar as liñas de actuación: a programación plurianual e os plans operativos anuais.

Descarga do plan