Bicis e mobilidade

Bicis na UDC

Bicis na UDC

Devolución de bicicletas do curso académico 2016-2017. Últimas datas!!!

Infórmase das últimas datas para devolver as bicicletas en préstamo no presente curso.

Xuño 2017:

  • Día 28, de 13 a 14:15 h
  • Día 29, de 15:50 a 17 h

Cómpre que comuniquedes á OMA (correo electrónico a bicis@udc.es) a data elixida.

Lugar de entrega:

  • Espazo soterrado que se atopa detrás do Pavillón de Estudantes, no campus de Elviña. Débese acceder por detrás deste edificio.

Requirimentos no día da recollida:

  • A bicicleta deberá ser entregada en perfectas condicións de uso, aceptándose unicamente pequenos defectos causados por un uso responsábel. As persoas participantes asinarán no momento da entrega un documento de devolución da bicicleta no que, de ser o caso, se fará constancia das avarías que presente a bicicleta.
  • As persoas participantes deberán cubrir antes do día da entrega  unha enquisa (relativa ao préstamo, pero moi curta e anónima).

Máis información: bicis@udc.es

Pagamento e entrega de bicicletas 2016

De acordo coa relación de solicitudes de préstamo de bicicletas curso 2016-2017, as persoas que na columna “Orde” teñen un número inferior a 100 deben pasar, se aínda non o fixeron, pola conserxaría do Edificio Xoana Capdevielle para recoller o formulario de pagamento das taxas establecidas (10 euros para estudantes e 20 euros para persoal PAS ou PDI) e proceder ao pagamento nas entidades bancarias indicadas no mesmo, ou ben nas oficinas do Banco Santander no Pavillón de Estudantes de Elviña.

O prazo de pagamento irá até o próximo 5 de outubro de 2016.

Calquera persoa con dereito a préstamo que non poida realizar o pagamento nestas datas, deberá informalo á Oficina de Medio Ambiente (bicis@udc.es) indicando a causa xustificada e o momento a partir do que se acollería ao préstamo. En caso contrario, a partir dese día considerarase RENUNCIA ao préstamo, correndo a lista de solicitudes.

Así mesmo, organízase a segunda quenda de entrega de bicis para o seguinte día e hora:

  • Día de entrega de bicis: mércores 05 de outubro, de 17:00 a 18:00 h

Debedes enviar un correo á bicis@udc.es co voso nome e apelidos informando que asistiredes a esta quenda de recollida de bici, e de ser o caso, á ruta guiada que se indica máis abaixo.

A aquelas persoas que teñan realizado o pagamento e non poidan acudir a esta convocatoria de entrega, deberán informalo previamente no mesmo correo. Tratarase de establecer posteriormente unha nova nova data axeitada.

No momento da recollida deberase presentar o xustificante de pagamento, ademais do documento de identidade (dni) e a tarxeta universitaria.

Ruta guiada desde o campus á cidade (Praza da Palloza)

Para as 18:30 h dese mesmo día, 05 de outubro, faremos unha saída en grupo até o centro da Coruña (Catro Camiños, A Palloza), para coñecer un dos itinerarios preferentes para a bici entre a a cidade e o campus.

Durante a entrega das bicicletas, así como para a ruta guiada, contaremos coa colaboración de persoas expertas no uso da bicicleta, da Asociación Mobi-Liza, que nos informarán e orientarán sobre o uso da bicicleta, ergonomía, mantemento, e circulación segura.

Nota: as persoas participantes deberán cubrir nos próximos días e antes do día da entrega a enquisa relativas ao préstamo, moi curta e anónima

Máis información: bicis@udc.es
 

Resolución da convocatoria de préstamo de bicicletas curso 2016/2017

Programa de préstamo de bicicletas na UDC: convocatoria de solicitudes para o curso 2016/2017

As persoas interesados no préstamo dunha bicicleta deberán cursar a súa solicitude a través dunha aplicación informática que estará dispoñíbel nesta web (http://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/bicis/) desde o vindeiro 8 de setembro ás 13 h.

A adxudicación das bicicletas farase en función da orde de inscrición, ata esgotar o número máximo de bicicletas dispoñíbeis en cada un dos tamaños. A oferta atinxe nesta convocatoria a unhas 100 unidades, a metade aproximadamente de tamaño grande (28”) e outra metade de tamaño medio (26”).
O préstamos inclúe o pagamento dunha taxa de 10 euros (estudantes) ou 20 euros (persoal). As instrucións e o prazo para pagamento desta taxa comunicaranse ás persoas adxudicatarias xunto coa lista definitiva de solicitudes e adxudicacións.

O prazo para a inscrición de solicitudes vai do 8 ao 16 de setembro de 2016

Máis información: Convocatoria programa de préstamo de bicicletas 2016/2017

Formulario de solicitude das bicis 2016/2017 (Nota: este formulario non se activará até o 8 de setembro de 2016 ás 13 h, e estará aberto até o 16 de setembro ás 14:00 h)

Informe e avaliación do préstamo de bicicletas no curso 2012-2013

Informe e avaliación

SOMOS TRÁFICO: pequena guía do uso da bicicleta como medio de transporte

Esta guía informa sobre medidas de seguridade e outros consellos para desprazarse polas cidades: como circular entre os coches, que posición adoptar na calzada e á saída dos semáforos, ou cales son os equipamentos básicos (luz, timbre, reflectante etc.)

Somos tráfico

Circulación en bicicleta, como acceder á UDC

En resposta ás dúbidas formuladas por participantes no Programa de Préstamo de Bicicletas, redactáronse unha serie de documentos aos que se pode acceder ao final deste parágrafo. Neles poden atoparse información sobre a circulación pola cidade da Coruña e o acceso aos campus de forma segura para os membros da comunidade universitaria que desexen usar a bicicleta para os seus desprazamentos. O deseño dos itinerarios para o acceso en bicicleta a UDC foi realizado polo membros da asociación Mobi-Liza (Asociación por unha Mobilidade Responsable). O traxecto desde a Ponte Pasaxe e o Burgo explícase polo miúdo no primeiro destes documentos.


Mobilidade

Estudo de medios: “Aproximación á mobilidade no campus universitario”

O estudo trata de avaliar as características de diferentes percorridos cara ao campus de Elviña, co fin de sacar unhas conclusións sobre o actual trazado da cidade, as facilidades con que contan os diferentes medios de comunicación (bus, moto, coche, bicicleta e peón), os seus problemas e as súas virtudes.

Para a realización do estudo escolléronse cinco puntos de saída diferentes e representativos: Mercado de Monte Alto, Os Rosais, praza das Conchiñas, avenida dos Caídos e Mercado de Santa Lucía.

O traballo foi realizado pola Asociación Mobi-Liza.

Informe completo: Aproximación á mobilidade no campus universitario

Exposición: “Aproximación á mobilidade universitaria na Coruña”

Esta exposición móstranos en seis paneis unha versión reducida dun Estudo de Medios “Aproximación á mobilidade no campus universitario” desde diferentes barrios da cidade até o Campus de Elviña, realizado para a UDC pola Asociación Mobi-Liza por unha mobilidade sustentábel.

Dun total de 5 percorridos desde a cidade, elixiuse como exemplo para a exposición o desprazamento desde Santa Lucía á Elviña. Ofrécense os datos de distancias percorridas, tempos e as velocidades en medios alternativos, motorizados (coche, moto, autobús) ou non motorizados (bicicleta, a pé), xunto cos obstáculos que en diferentes áreas da cidade dificultan unha mobilidade máis sustentábel. Os mapas de isócronas, os 10 motivos para utilizar a bicicleta e un avance das liñas do plan de mobilidade da UDC completan os contidos.

Ver contidos da exposición Aproximación á mobilidade universitaria na Coruña

Plan de mobilidade e espazo público UDC

Este Plan foi elaborado polo prestixioso equipo da Agencia d’Ecología Urbana de Barcelona, coa participación do Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos e da Oficina de Medio Ambiente da UDC, entre 2009 e 2010. O plan responde a un modelo integral que pretende mellorar a calidade do ámbito universitario e a calidade de vida da súa comunidade, mellorando á súa vez a funcionalidade e a organización dos campus de Elviña e da Zapateira da UDC.

As propostas debuxan un novo modelo de mobilidade onde o número de viaxes en transporte privado se reducirá a favor de medios de transporte máis sustentables. Tamén se debuxa un novo espazo público cunha repartición de usos e funcións distinta da actual. Nos resultados compróbase que se libera espazo público que hoxe está reservado para os usos do coche, co obxectivo de que a comunidade universitaria poida ocupar o espazo público sen restricións.

Conclusións do plan: Plan de mobilidade e espazo público UDC (CONCLUSIÓNS)

O documento completo podes atopalo na sección de Documentos (2010) do Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos.