Medio Ambiente (OMA)

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (OMA-UDC) é un servizo dependente da Vicerreitoría de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade. A súa función é a de participar na coordinación e realización de diferentes actuacións de tipo ambiental na UDC.

Os obxectivos e funcións da OMA teñen que ver con dous campos prioritarios, como son a xestión ambiental e a sensibilización e participación da comunidade universitaria nas cuestións relacionadas co medio ambiente. Así, as actuacións poden encadrarse nos seguintes eidos:

  1. Avaliación, información e divulgación ambiental nos campus da UDC.
  2. Participación e corresponsabilidade ambiental
  3. Proxectos sectoriais relacionados coa xestión e a sustentabilidade ambiental

Contacto

Manuel Soto Castiñeira
Director da Oficina de Medio Ambiente (OMA-UDC)
Edificio Xoana Capdevielle - Campus da Elviña s/n EP-15071 A Coruña
oma@udc.es
Tel.: +34 981 167 000 exts.: 5688 / 7769

Persoal bolseiro e voluntariado ambiental

O persoal bolseiro de medio ambiente da UDC realiza ao longo do curso académico diversas actividaes formativas, obradoiros e saídas de campo das que te podes informar nas seguintes ligazóns:

Actualidade

25 Apr
27 de abril no aparcamento do Xoana Capdevielle
02 Mar
Convocatoria 2017 de acceso ao seu uso
20 Feb
Voluntariado ambiental no Monte da Fraga
24 Jan
Facultade de Ciencias