Funcións Universidade

Consonte o artigo 1 dos Estatutos da UDC, son funcións da universidade ao servizo da sociedade:

  • A creación, o desenvolvemento, a transmisión e a crítica da ciencia, da técnica e da cultura.
  • A preparación para o exercicio de actividades profesionais que esixan a aplicación de coñecementos e métodos científicos e para a creación artística.
  • Adifusión, a valorización e a transferencia do coñecemento ao servizo da cultura, da calidade da vida e do desenvolvemento económico.
  • A difusión do coñecemento e da cultura a través da extensión universitaria e a formación ao longo de toda a vida.