Johanna Elisabeth Van Bruggen

Johanna Elisabeth Van Bruggen

A excelentisima doutora Johanna Elisabeth Van Bruggen a quen se lle recoñece o seu compromiso, desde a terapia ocupacional coa equidade socio e sanitaria, visión estratéxica e acción innovadora capaz de conectar diversos actores, institucións e cidadanía, através de proxectos que promoven a educación e a construción conxunta dunha sociedade máis xusta e inclusiva, mimetizándose coas diferentes realidades socioculturais internacionais, fíxose acredora da máis alta distinción académica da Universidade da Coruña que, na reunión da mesa do claustro universitario do día quince de abril de dous mil trece, acordou concederlle o grao de doutora honoris causa.