Thomas Joseph Robert Hughes

Thomas Joseph Robert Hughes

O excelentísimo doutor Thomas Joseph Robert Hughes, polas súas excepcionais contribucións científicas, técnicas e tecnolóxicas no ámbito da mecánica computacional e as súas aplicacións á enxeñaría e as ciencias aplicadas, polos seus traballos seminais en campos enteiramente novos de investigación e desenvolvemento, e polo extraordinario impacto da súa obra a nivel global tanto no mundo académico como no da industria, fíxose acreedor da máis alta distinción académica da Universidade da Coruña que, na reunión da mesa do claustro universitario do día quince de abril de dous mil trece, acordou concederlle o grao de doutor honoris causa .