Michael W. Apple

Michael W. Apple

O excelentísimo doutor Michael W. Apple, pola grande importancia, relevancia e impacto no noso contexto e a nivel mundial das súas contribucións científicas ao campo da educación, nomeadamente polo seu compromiso en prol da xustiza educativa; pola longa e prolífica liña de investigacións e publicacións en que con gran rigor denuncia como se constrúen, reproducen e lexitiman as desigualdades sociais e educativas, mostrando, así mesmo, camiños para facerlles fronte e construir modelos de educación máis xustos, inclusivos e democráticos; e polo seu forte compromiso coa educación pública, fíxose acreedor da máis alta distinción académica da Universidade da Coruña que, na reunión da mesa do claustro universitario do día nove de abril de dous mil catorce, acordou noemalo doutor honoris causa da devandita universidade.