María Wonenburger

María Wonenburger

A excelentísima señora Dona María Josefa Wonernburger Planells, a quen se lle recoñece, ademais do seu exemplo persoal, a súa admirable traxectoria docente e investigadora no ámbito da Álxebra por desenvolvela en tempos e circunstancias difíciles en canto muller e científica, fíxose acredora da máis alta distinción académica da Universidade da Coruña que, na reunión da Mesa do Claustro Universitario do día 30 de xuño de 2010, acordou concederlle o Grao de Doutora Honoris Causa