Manuel Rivas Barrós

Manuel Rivas

O excelentísimo señor don Manuel Rivas Barrós, pola recoñecida excelencia do seu labor literario e xornalístico, pola innegábel achega da súa diversificada escrita á literatura, á cultura e á sociedade galegas, así como, na súa teimosa defensa das causas universais dos bos e xenerosos, polo seu moi relevante contributo para a dignificación do ser humano e para a cabal recuperación da integridade da súa memoria, se fixo acredor da máis alta distinción académica da Universidade da Coruña que, na reunión da mesa do Claustro Universitario do día dezasete de outubro de dous mil once, acordou concederlle o grao de doutor honoris causa.