John Rutherford

John Rutherford

O excelentísimo doutor John Rutherford, pola súa extraordinaria traxectoria académica como hispanista e tradutor, e polo seu admirable compromiso co estudo e divulgación da cultura e literatura galegas no ámbito anglófono, se fixo acredor da máis alta distinción académica da Universidade da Coruña que, na reunión da mesa do Claustro Universitario do día dezasete de outubro de dous mil once, acordou concederlle o grao de doutor honoris causa.